Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

El Barullo Tango

Dúo formado polos arxentinos Alejandro Szabo (bandoneón) e Alejandro Casquero (piano) Destinado a Milongas, shows e amenización de ceas e eventos. Estilos e repertorios variados (Tradicional/Garda vella, Idade de Ouro, Piazzolla, Valse, Milonga)

Galego

Os forasteiros

Os Forasteiros ollan ao country, ao folk e ao cajun. En Galicia, no oeste de Europa, cruzan fronteiras musicais e ofrecen unha alegre e orixinal proposta grelos-western versionando o repertorio do country americano e tocando temas propios en galego.

Galego

Tanxugueiras

Tanxugueiras incrementa as revolucións do folk galego. Co seu disco de debut, un repertorio escollido para mostrar a esencia da tradición, Olaia Maneiro, Sabela Maneiro e Aida Tarrío chegaron a máis de 100 escenarios dentro e fóra das nosas fronteiras. Unha aposta sen corpiños enchida de virtuosismo e contundencia que continúa no seu segundo traballo, Contrapunto.

Galego

Sabinaria

Banda homenaxe a Joaquín Sabina que, despois duns anos traballando cun formato máis intimista, agora preséntanse cunha banda máis grande e así afrontar en toda a súa dimensión o repertorio "Sabinario", facendo un repaso polos clásicos do mestre, cunha particular visión feminina, ao estar interpretados con voz de muller.
SABINARIA:
Julietta Barro
Jorge Quesada
Óscar Quintáns
Anxo Seco
Iago Mouriño
Alfredo García

Galego

Isius + Santi Araujo

Santi Araujo

As rúas parecen ser labirintos que coñezo ben, que me levan á catedral, canta Santi Araújo en «Catedral», a canción que dá título ao seu primeiro disco en solitario. E é que podes escapar de moitas cousas, irche, volver e volver irche; pero nunca poderás escapar, por laberíntico que sexa, do teu propio destino. O de Santi Araújo é escribir cancións. Ou, polo menos, manifestarse a través delas. Desempañar o seu propio espello para verse, aínda que máis maior e con máis pelo na cara, dunha maneira máis nítida, preclara, consciente e serena.

Galego

Frying Luras

Frying Luras é un grupo de Rock nado en Vigo realizando temas propios. Os compoñentes iniciais do grupo foron Ruber á voz e á guitarra, Oliver e Coco á guitarra, Havi ao baixo e finalmente Rafa Graña á bateria. Co paso dos anos foi variando a formación. Ruber e Havi pasaron do baixo á guitarra e á trompeta, incorporando a Rafa á batería e Ignacio ao baixo, máis outros guitarristas como poden ser Juan Manuel (Kogito), Pablito fastfinger, e Gonzo (Alfeizar). A última incorporación ao grupo foi Okap (Paco), teclista e guitarra fichado da bela Rozlyn.

Galego

Le SuitBand

Desde 2007 LESUITEBAND destaca non só por unha posta en escena elegante e de gran calidade musical, se non tamén pola nosa capacidade de adaptacion a todo tipo de eventos, a nosa experiencia de máis de 10 anos proporciónanos unha maior capacidade de asesoramento.

LESUITEBAND é un proxecto de música en directo para todo tipo de eventos. Unha aposta decidida pola profesionalidade, unha capacidade de adaptación única apoiada en máis de 10 anos de experiencia. 

Galego

Monolius DOP

Monoulious DOP nace en 2012 como un proxecto musical único e exclusivo para internet. A curiosidade de Ula e Mon, dous amigos de toda a vida, fai que empecen a subir videoclips que eles mismos producen e que coa forza das redes sociáis pronto contan co apoio do público. Este empuxe da xente é o que os anima a montar este proxecto. Un animado concerto en formato dúo acústico onde o humor e o elemento protagonista.

Galego

SonDaRúa

SonDaRúa é un grupo de rap galego, creado en Ponteareas no 2016, formado por Hugo Guezeta, Álex Arnoso e That Bass DJ.

O seu estilo resúmese en rap desenfadado con bastante contido instrumental, transmitindo bo rollo, mais cun trasfondo maioritariamente reivindicativo, de crítica social e política.

Galego

Dixie Town

DixieTown presenta Ou Furacán o seu disco máis persoal e completo producido polo Neoyorkino Mike Mariconda e gravado nos estudos Tigruss de Gandía por Pepe Gomar con equipos completamente analóxicos en agosto de 2012.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto