Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Dequenvessendo

Dequenvessendo é un grupo de música galega que nace no 2016 no seo da Asociación Cultural Triskell de Armentón (Arteixo), coa idea de formar un proxecto baseado nos cuartetos de música tradicional.

Galego

Lila Downs

Nada en Tlaxiaco, Oaxaca, Lila Downs é a filla da cantante Anita Sánchez e o profesor de cinema Allen Downs. Creceu entre Oaxaca e Minneapolis. Nas súas composicións sempre permanecen a crítica social, a migración e a procura das raíces como unha necesidade humana. Fai unha conexión importante co seu diversos público.

Galego

En Voga

En Voga é o concerto espectáculo co que se presenta o conxunto internacional Áureas. En escena veremos unha charanga dos anos 20 formada por cinco mulleres de catro nacionalidades diferentes. Na ficción, un grupo de mulleres emigrantes e libres coñécense nun trasatlántico e deciden formar un grupo musical.
En Voga é un espectáculo que arrecende a mar e abanea co vaivén dunha onda para traernos historias gardades en nostálxicos sobres de correspondencia.

Galego

Chiki Lora

Chiki  Lora, nacido en Málaga, criado en Madrid e residente agora no Pais Vasco, é máis coñecido por ser o fundador, compositor, guitarrista e cantante de Canteca de  Macao. Neste espectáculo resumirá a súa traxectoria en solitario cos seus dous discos, Ura e Sumando.

Galego

J Dose & Alber Stewar

Chegan J Dose & Alber Stewar -Los Chicos de la Lluvia-. Quen xa presenciou un concerto da formación ao completo, sabe que é un show irrepetible, onde non se pode parar nin un momento. Los Chicos de la Lluvia traen o máis fresco do rap, mesturado con ritmos latinos,  funk, soul, disco e rock.

 
 

Galego

Sr. Salvaje

Primeiro asalto a base de Rock  N´Roll da nova banda compostelá. Neste concerto o  power trío presentará o seu primeiro EP: IIIPara esta ocasión, a banda acompañará os temas do EP con outras composicións propias e irán  intercalando versións que tocarán con cada un dos artistas que asinan cada composición; bos amigos e amigas para esnaquizar os zapatos de tanto bailar.

 
 

Galego

Pauliña + The Teta´s Van+Yimiyourek

A Sala Rebullón ten o pracer de acoller a Pauliña e a súa banda, que nos presenta o seu segundo traballo: “A Malfalada”, unha das voces con máis carácter e personalidade de hoxe en día, cun directo demoledor onde se mestura o country ca música folk, rock e blues. Acompañada dunha banda de músicos con máis de 20 anos de experiencia, e despois de máis de 80 concertos ao vivo por toda Galiza e España, ven demostrar que xa non é unha promesa da música galega, se non unha realidade que cada vez segue máis público.

 

Galego

Trío Metamorphoses

O Trío Metamorphoses -Ilona Timchenko, Jean Johnson e Roeland Jagers- son un trío emocionante, formado en 2016, con actuacións por todo o mundo. Dentro do seu ciclo de concertos polas vilas que percorre o Camiño Norte, actúan en Santiago interpretando obras de Mozart, Schumann, Clara Schumann e Bruch.

 
 

Galego

Anarchicks

Se a música é unha arma, elas son o gatillo! Rita Sedas, Synthetique, Katari e Ana Moreira son 4 voces disidentes a difundir inquietude. Xuntas forman a banda ANARCHICKS Lisboa que reproduce un son influenciado polo punk rock.
Anarchicks preséntanos o seu terceiro disco Loose Ends que é unha evolución creativa e musical na que borran cada vez máis os límites que separan o rock do punk e electro .

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto