La casa de los ingleses
A Casa dos ingleses é unha banda de pop. De cancións sinxelas e directas. Unha coidada estética tanto nas melodías como no escenario e unha pegada certeira caracterizan a este grupo de mozos galegos que pretenden facerse un oco na apertada escena nacional a base de traballo duro e boas cancións.
Desde 2012, ano en que deciden saír a tocar en directo, foron moitos e moi variados os concertos que ofreceron pola xeografía galega, resultando gañadores en varios concursos de nivel local e autonómico, como o «Liberty Music Play», o «Fest 2015», ou os «15 Birlos» en 2016.

