Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Solpores no Lagoeiro 2021: Rosa Cedrón

Rosa Cedrón é unha cantante e violoncellista galega natural de Monforte de Lemos (Lugo). Salta á primeira liña da escena musical estatal por mor de formar parte do grupo Luar na lubre formación coa que chega a colaborar con artistas da talla de Mike Oldfield, a Barbería do Sur ou a Orquestra Nacional de Cuba. A partir do ano 2005 dedícase á súa carreira en solitario e publica o seu primeiro disco Entre dous mares en 2007.

Galego

Os Carunchos

O grupo creouse a finais de 1994 coa idea de mesturar temas cantados da tradición oral co repertorio de gaiteiros solistas. En 1998 gravaron o seu primeiro CD, ¡Ala, que vai!, editado por Edicións do Cumio. O disco é un resumo dos seus primeiros catro anos de actividade, con cantigas e melodías de nova composición, mesturados con antigos romances e pezas populares.

Galego

Daniel Minimalia

Daniel Minimalia publica o seu terceiro disco Orixe(2016 Zouma Records), sen dúbida o mellor traballo ata o momento do guitarrista e compositor galego, que se afianza como un dos referentes musicais do país e tamén fóra das nosas fronteiras co seu recente nomeamento ao Grammy Latino.

Galego

Resurrection Fest Edición XS 2020

O Festival Resurrection Fest Edición XS de 2020, do que a Xunta de Galicia é patrocinador principal, celebrarase en Viveiro entre o 21 e o 30 de agosto, contando cunha parte ao vivo, desenvolta coas correspondentes medidas de seguridade e hixiénico-sanitarias, e outra online do 29-30 de agosto, de carácter solidario, que chegará a 4 millóns de persoas e será unha plataforma de proxección de Galicia.

 

Galego

Mikel Erentxun - Solpores no Lagoeiro

Mikel Erentxun é un dos cantantes máis carismáticos do panorama do pop-rock estatal das últimas décadas. Descubrímolo nos 80 con Duncan Dhu, pero o donostiarra sorprendeunos en o92 co inicio dunha impresionante traxectoria en solitario na que segue sumando éxitos. Este ano Mikel vira para presentar o disco O último voo do home bala (2019), un traballo que pecha a triloxía iniciada por Corazóns (2015) e O home sen sombra(2017). O seu directo en Solpores non Lagoeiro será, sen dúbida, un dos pratos fortes deste verán en Galicia

Galego

La Habitación Vudú

Falar dos irmáns Freiria, Xusto e Jose, é falar de música. Os seus inicios remóntanse á súa mocidade, cando pasaban as tardes tocando xuntos. O tempo vai pasando, as ideas xurdindo e coa chegada de Rubén, un amigo baixista, consolídase o núcleo do que será Habitación Vudú. Son varias as formacións coas que se busca un estilo e un son propio, pero coa particularidade de conservar sempre o núcleo da banda.

É cando chega David, con ideas diferentes, que unidas á base establecida do grupo, dá unha identidade a Habitación Vudú, como estiveran buscando durante tempo.

Galego

De Vacas

Son catro vacas. Catro vacas que rin e cantan. Presentan un espectáculo fresco como a auga dos regos. Disfrutan riba do escenario para que vós  disfrutedes.  Mistura de voces e guitarra, armonías que estimulan os sentidos. Veñen de facer unha xira mundial de máis de 120 concertos. Grandes festivais, sesións vermut ou verbenas. Encheron prazas e teatros. Gañaron premios, fixeron galas, bandas sonoras para programas de radio e televisión e músicas para anuncios publicitarios.

Galego

Os Bregadiers

Ritmos swing, jazz, rock&roll en todas as rúas a cargo de Os Bregadiers, experimentados músicos galegos nunha formación que leva á rúa músicas doutras latitudes nunca antes escoitadas nas vilas e cidades galegas.

Inspirados nas brass bands, fanfares, bandas gipsy, etc... os Bregadiers son herdeiros desta tradición, cunha calidade musical e artística fóra de toda dúbida.

Oscar Prieto: Tuba

Olivier Cano: Saxo alto

Rosolino Marinello: Saxo tenor

Miguelon: Caixa

Javier Barral: Bombo

Abel Leonardo: Guitarra

Galego

Black Stones

Tanto Ren como Yasu xa tiñan o seu propio grupo (ambos tocaban cun grupillo punk chamado Brut), pero un día en casa de Nobuo entre os tres deciden formar un novo grupo. Nese momento aparece Nana, que vén devolverlle un Cd a Nobu, e Ren queda prendado dela e proponlle ser a cantante do grupo.

Galego

As cantigas de Elena con Pepe Vaamonde e Xisco Feijóo

Tras dezaoito anos de existencia a banda Pepe Vaamonde Grupo quere festexar a súa maioría de idade ofrecendo un espectáculo en directo para esta tempada, composto polos mellores temas dos seus catro traballos discográficos. Cancións tradicocionais e pezas instrumentais de composición propia que superaron o filtro do público ao longo de todos estes anos. Así   «O Mellor dos Catro Elementos»   convértese nun espectáculo de grande forza e orixinalidade contrastada en máis dun cento de escenarios, garantino un concerto inesquecible para os amantes deste estilo musical e público en xeral.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto