Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Fon Román + Amaro Ferreiro + Frans Banfield

Fon Román é un guitarrista e cantante español que iniciou a súa carreira musical coa banda de rock Os Piratas, a cal estaba integrada por Iván Ferreiro, Paco Serén, Pablo Álvarez e Hall 9000. A guitarra de Fon Román determinou o son dos Piratas deixando a súa pegada en discos que exerceron unha gran influencia nos grupos nacionais actuais, tanto do Indie como do mainstream.

Galego

Igloo

A banda nace alá polo 2004 cos ex-Deluxe, Diego Castro (baixo) e Juan Gil López (síntese e programacións), aos que se lles unen Beni Ferreiro (voz e guitarra) de Overlook,  David (batería) e Selín (guitarra). Pronto gravan a súa primeira maqueta nos estudos Cryolab de Caldas de Reis, catro temas: Silvia Saint, ?O día que quedei só, Pragma e Nanook, gardados nun coidado sobre semitransparente que asinan como Iglú. Para evitar coincidencias con outras bandas rapidamente cámbianse o nome polo actual.

Galego

A Roda en concerto

Unha proposta innovadora en formato acústico e minimalista que recorre o repertorio tradicional de A Roda, ao tempo que achega as novidades que musicais do grupo no 2021.

Este é un espectáculo de A Roda en solitario para presentar o novo disco "Camiño da Igualdade"

 

Galego

Feito a man: Sr. Salvaje + Samesugas & Willy Succo Brother

Sr. SALVAXE

Sr. Salvaxe é a electricidade e a espontaneidade das bandas de Hard Rock dos 70s e 80s pero actualizada, con certos escarceos coa Psicodelia e o Blues

Sumándose á Old New Wave que cada vez gaña máis forza nos últimos anos; utilizan encima do escenario a formación clásica de power trío, cada vez menos común e inspirándose en bandas míticas como Free, Cream, Hendrix, Led Zeppelin, Mötorhead, Madeiro Pretenden conectar co rapaz que cada un levamos dentro para facer unha festa de Rock N´Roll en cada actuación.

Galego

Adrián Timms

Concerto do primeiro proxecto en solitario de Adrian Timms. Música británico, fincado en Vigo que virá acompañado por un violín (Harry Price) para presentar en directo parte das cancións que conforman o seu primeiro disco, que vén con máis forza que nunca, ademais de interpretar algunhas que outras covers tamén.

 

Galego

Marlango- Solpores no Lagoeiro

A música de Marlango lévanos á catarse a través da voz de Leonor Watling e do piano de Alejandro Pelayo. O dúo convídanos, en cada concerto, a facer unha viaxe único polo mundo do pop no que as influencias do jazz e do blues acompáñannos. Marlango presentaranos en Solpores non Lagoeiro o seu sexto disco de estudo, Technicolor, un traballo no que cada un dos seus temas aproxímase á banda sonora dunha película que nunca se filmou e na que o dúo pon a música ao servizo da narrativa.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto