Orquestra de Cámara Galega - Mozart, Elgar, Groba
A Orquestra de Cámara Galega abre o X Ciclo de música relixiosa Barcia de Mera cun concerto no que interpretarán obras de Mozart, Elgar e Groba. O programa de música clásica desenvolverase entre os meses de abril e setembro na igrexa barroca da parroquia de San Martiño de Barcia de Mera (Covelo), permitindo gozar da música nunha contorna que non é a habitual.

