Clásica

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Suite de las Ocho

Suite de las Ocho é un conxunto de oito pezas orixinais de Quinito Mourelle arranxadas para orquestra de cámara por Roberto Somoza, na que diferentes personalidades musicais se sitúan ao fronte da Orquestra de Cámara Galega. 

A suite xunta a sonoridade e a narrativa da música clásica cos valores da improvisación, herdando características sinfónicas e camerísticas de todos os tempos, pero en especial do impresionismo e o romanticismo.

Nestas oito pezas réndese homenaxe a lugares, persoas, valses, poesía…

Galego

Carmen

Carmen é unha ópera dramática con música de Georges Bizet e baseada na novela Carmen de Prosper Mérimée. Foi estreada en París, en marzo de 1875. Máis dun século despois da súa estrea, xorde esta nova proposta que pretende renovar a obra e adaptala á actualidade, afastándose dos tópicos e creando unha Carmen actual.

O argumento de Carmen conta a historia dunha muller coqueta e sedutora que se sinte atrapada no estreito marco da sociedade.

Galego

Concerto de Reis Con Diego Masson

A Real Filharmonía de Galicia será dirixida polo mastro Diego Masson no clásico concerto de Reis no que participarán os solistas Xabi Casal ao saxo e Isabel Pérez Dobarro ao piano.

Interpretarán o Concertino de cámara para saxofón alto e quinteto de cordas de J. Ibert, Vacacións sinfónicas de C. Frank e a Sinfonía nº 1 en do maior de G. Bizet.

Galego

The Michael Nyman Band

Michael Nyman é un dos compositores británicos máis innovadores e aclamados. O seu traballo abarca óperas, cuartetos de corda, bandas sonoras e concertos orquestrais. Moito máis que un mero compositor, é ademais intérprete, director, pianista, escritor, musicólogo, fotógrafo e cineasta. Considerado coma un “home do Renacemento”, a súa inquedanza creativa e a súa polivalencia artística convertérono nunha das iconas culturais máis fascinantes e influentes do noso tempo.

Galego

Orquestra Vigo 430

A Orquestra Vigo 430 presenta o concerto número 4 da súa tempada 2017-18, formado polo Concerto para viola de Walton, interpretado por Amihai Grosz, viola solista da Orquestra Filarmónica de Berlín, e a Sinfonía Nº 5 en re menor de Shostakóvich.

Estarán dirixidos polo intérprete e director Vicent Iberola.

Galego

Concerto de Nadal

Música clásica para celebrar o Nadal. O Trío Auria tocará un repertorio que incluirá obras eruditas de compositores barrocos e clásicos, xunto coa interpretación dalgunhas pezas para as datas do Nadal.

O Trío Auria está composto por dous violíns e clavicordio:  Marta Oro Amón, Xavier Fernández Rodríguez e Gema Arias Varela. 

O evento está aberto a público de todas as idades, nenos incluídos.

Galego

La Traviata

A Ópera Estatal Rusa interpretará en Vigo A Traviata de Verdi, unha das óperas máis importantes do Romanticismo. Estreouse en 1853 no teatro La Fenice de Venecia. A ópera, con libreto de Francesco Maria Piave, baséase na novela A Dama das Camelias, de Alexandre Dumas.

 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Clásica