Clásica

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Concerto de Nadal

Concerto de Nadal do Orfeón Valdeorrés e a Banda do Barco. A actividade é unha das previstas para a celebración destas datas no Barco de Valdeorras, que tamén contará cun  Mercadiño de Nadal, un Campamento de Nadal para nenos ou unha pista de xeo. 

Galego

Concerto de Nadal

Concerto de Nadal da Escola de Música. A actividade é unha das previstas para a celebración destas datas no Barco de Valdeorras, que tamén contará cun  Mercadiño de Nadal, un Campamento de Nadal para nenos ou unha pista de xeo. 

Galego

Sons do Atlántico

Sons do Atlántico é una proposta cun programa moi amplio e variable. Música de cámara   e contemporánea creada por compositores de todolos paises que teñen o tiveron influxo do noso océano ó longo da historia, facendo un especial fincapé en autores iberoamericanos e recalando sempre nos compositores galegos como Sergio Moure, compositor moi vinculado o mundo audiovisual.

Galego

Nadal na EMMeD

Regresa unha das citas destas datas en Ribadeo. A Escola Municipal de Música e Danza, a EMMeD celebra o seu tradicional festival de Nadal.

No repertorio deste ano non faltarán as panxoliñas pero tamén haberá cabida para outros ritmos como a música moderna ou a tradicional.

Galego

Concerto de Nadal

A Orquestra Sinfónica Vigo 430 presentará ao público vigués o próximo 22 de decembro a produción máis ambiciosa de toda a súa traxectoria: a Sinfonía nº 9 op.125 de Ludwig Van Beethoven, tamén coñecida como Coral. Trátase dunha das obras máis icónicas, transcendentais e populares da historia da música e da arte en xeral.

Galego

Achegando a música á xente

As rúas e mercados do centro de Vigo encheranse de música clásica para anunciar o gran concerto que a orquestra está preparando para este Nadal. Unha representación de ventos e cordas da Orquestra Sinfónica Vigo 430 (frauta, fagot, viola, 2 violíns e contrabaixo) interpretará unha selección de panxoliñas de autores clásicos en puntos concorridos da cidade. O sexteto comezará o seu percorrido ás 12 do mediodía cunha dobre actuación no Mercado do Progreso, primeiro nos postos do mercado municipal e de seguido no Urban Market Progreso 41.

Galego

Norma

Norma é unha traxedia lírica en dous actos con música de Vincenzo Bellini e libreto en italiano de Felice Romani (baseado na traxedia Norma, ossia L' infanticidio de Alexandre Soumet), estreada en Milán en 1831. Considérase un exemplo da maior altura da tradición belcantista. Casta diva foi unha das arias máis coñecidas no século XIX e continúa sendo unha das máis populares do repertorio lírico.

Galego

Aida

Aida é unha ópera en catro actos con música de Giuseppe Verdi e libreto en italiano de Antonio Ghislanzoni, baseado na versión francesa de Camille du Locle. Aida foi estreada no Teatro de ópera do Jedive no Cairo en 1871, e é a antepenúltima do compositor italiano.

O argumento baséase na historia de Aida, unha princesa etíope que é capturada e levada a Exipto como escrava. Un comandante militar, Radamés, loita entre o seu amor por ela e a súa lealdade ao Faraón.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Clásica