Territorios
Nesta semana, André Granjo será o director convidado que se encargará de dirixir o concerto matinal do domingo da Banda Municipal de Música de Santiago.

Nesta semana, André Granjo será o director convidado que se encargará de dirixir o concerto matinal do domingo da Banda Municipal de Música de Santiago.
Organizado pola Fundación Vicente Risco, o concerto recuperará música dos séculos XVII e XVIII. Por un lado, recuperarán as luces e sombras da música da Europa do Seiscentos. Por outro, recuperan L'amant le plus fidelle, de Jacques M. Hotteterre.
A representación estará a cargo do Ensemble Hotteterre, o grupo de cámara residente na Fundación Vicente Risco, e do Bando de Surunyo, un grupo especializado na música portuguesa do século XVII.
A Sociedade Filarmónica de Ferrol organiza este recital lírico de Borja Quiza no Teatro Jofre.
A soprano chilena Cristina Gallardo actúa xunto co compositor galego Juan Durán.
Paul Daniel dirixirá á Real Filharmonía de Galicia nesta ocasión.
Programa:
G. F. Haendel | Música acuática: Abertura e suite núm. 2 en Re maior, HWV 349
J. Sibelius | Sinfonía núm. 7 en Do maior, op. 105
L. V. Beethoven | Sinfonía núm. 7 en La maior, op. 92
Baseada na obra teatral Lle Roi s´amuse de Victor Hugo, a acción desenvólvese na cidade de Mantua (Italia), durante o século XVI.
Rigoletto é o protagonista deste drama de paixón, engano, amor filial e vinganza. El é o bufón corcunda da corte do Ducado de Mantua, un personaxe que se move entre o afecto pola súa filla e o odio polo duque e os cortesáns.
A Negra sombra de Montes, a melodía galega máis universal, naceu en Lugo en 1892, hai 125 anos. Neste concerto escoitaremos as tres versións que saíran da pena de Montes: a escrita para voces graves, a de banda (arranxo do autor dunha versión para grande orquestra hoxe perdida) e a de canto e piano.
Intervendrán no concerto:
A OV430 abre a súa tempada de concertos apostando polos seus intérpretes máis novos. As mozas e mozos da Orquestra Xove Vigo430 terán este ano a responsabilidade de tocar na apertura dunha tempada que promete moitas sorpresas.
Comeza este ano a Oitava edición das Audicións Comentadas, que están levadas e presentadas polo coñecido profesor Manuél López - Benito.
Estas audicións sepáranse en dous ciclos diferentes repartidos en catro xornadas, todos os venres desde as 19:30, cunha duración de dúas horas cada un.
Neste ciclo poderanse escoitar e analizar diferentes obras de ópera, cun interés especial na música escénica. Tamén se prestará especial atención ao compositor e o seu estilo, a contextualización histórica e todos os elementos que resulten importantes dentro de cada obra.
Comeza este ano a Oitava edición das Audicións Comentadas, que están levadas e presentadas polo coñecido profesor Manuél López - Benito.
Estas audicións sepáranse en dous ciclos diferentes repartidos en catro xornadas, todos os venres desde as 19:30, cunha duración de dúas horas cada un.
Neste ciclo escoitarase e analizarase detalladamente algunhas das páxinas musicais máis importantes da historia da música clásica. Realízase co obxectivo de dar a coñecer os segredos e orixe da música, dende un punto de vista estético, histórico e musical.