Maestros e Laureados I
O Festival Internacional Peregrinos Musicais está organizado pola Asociación Peregrinos Musicais, co obxectivo de unir a solistas de todas as partes de Europa a través do Camiño de Santiago, promover e dar oportunidades aos novos artistas galegos e achegar as culturas de todos os países participantes.
Os intérpretes Iago Domínguez e a ucraína Ilona Timchenko son os encargados de inaugurar o ciclo de concertos Maestros e Laureados dentro do Festival Internacional Peregrinos Musicais, un ciclo que une a mestres consagrados con intérpretes noveis de gran talento.

