Clásica

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Il Combattimento

Concerto de Il Combattimento (orquestra barroca). Telemann & Telemann (250 aniversario), dentro do Festival de Música Cidade de Lugo.

Il Combattimento é un grupo de música antiga radicado na cidade de Lugo que abarca a música dende a Idade Media ata o clasicismo, utilizando instrumentos de cada época (algúns deles construídos por eles mesmos), nun proceso de recuperación do patrimonio musical pretérito.

Galego

Praga Camerata

Praga Camerat segue a tradición da Orquestra Solistas de Cámara de Praga, que foi fundada en 1961 polo director titular da Filharmónica Checa Vaclav Neumann. Pavel Hůla, actual líder de Praga Camerata, foi membro do conxunto orixinal dende 1972. Esta actuación forma parte do Festival de Musica Cidade de Lugo.

Programa: 

Jacques Aubert: Concerto para 4 violíns, op. 17, No.4

Edward Grieg: Dúas melodías elexíacas

Galego

Banda Filharmónica de Lugo

A Banda Filharmónica de Lugo estréase en novembro do 2013, impulsada polo seu director Iván Martínez Sabio e pola Sociedade Filharmónica de Lugo. Actualmente, conta cuns 60 compoñentes, músicos da contorna da cidade, e na súa maioría estudantes.

O obxectivo da banda é a difusión da música sinfónica e da música tradicional galega así como a formación e promoción de novos músicos lucenses.

Galego

Roberta Invernizzi       

Roberta Invernizzi é, sen dúbida, unha das voces máis destacadas da música barroca, contribuíndo dende hai xa algúns anos, grazas á súa cristalina voz de soprano e un infalible sentido dramático, ao redescubrimento de moitas músicas esquecidas, especialmente as procedentes do seu país natal.​ Este concerto encádrase no Festival de Música Cidade de Lugo.

Máis información polo miúdo do concerto, aquí.

Galego

Festival Beethoven

LUDWIG VAN BEETHOVEN

Sinfonía nº 9, en re menor, op. 125, "Coral"

CORO DA OSG
DIMA SLOBODENIOUK, director
AINHOA ARTETA, soprano
MAITE BEAUMONT, mezzosoprano
GUSTAVO PEÑA, tenor
JOSEP MIQUEL RAMÓN, baixo

 

Orquestra Sinfónica de Galicia

Dima Slobodeniouk, director

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Clásica