Clásica

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Orquesta Abanca ReSuena

A Orquestra Abanca ReSuena realizará un concerto no Palacio da Ópera baixo a batuta de Diego Zecharies.

Programa:
Pollitos y Grillito - Popular
Capricho italiano - P. I. Tchaikovsky
Sinfonía nº 5 (arr. Gareth Glyn y Andrew J. Smith - L. V. Beethoven
Sinfonía nº 9 - Largo (arr. Laín Farrington) - A. Dvorák
Can-Can (arr. Richard Meyer) - J. Offenbach
Piratas del Caribe (arr. Pablo Díaz Mera) - K. Badelt
Gypsi Overture - M. J. Isaac
Siyahamba (arr. Paula Padín Blanco) - Popular Africano

Galego

V Festival Internacional de Órgano Corpus Christi

No marco da XLVI Semana de Música do Corpus do Festival de Música Cidade de Lugo, celébrase o Festival Internacional de Órgano do Corpus Chisti. Entrada libre ata completar capacidade nos diferentes espazos 

Programa

1 de xuño: Hans Ole Thers (órgano). Catedral de Santa María 20.45 h. 

4 de xuño: Lukas Gothszalk (trompeta) e Johannes Skudlik (órgano). Igrexa de Santiago A Nova 20.30 h.

6 de xuño: Jan Vermeire & Giulio Mercati (órgano). Catedral de Santa María 20.45 h.

Galego

Real Filharmonía de Galicia

A Real Filharmonía de Galicia pecha o seu paso pola cidade olívica na tempada 2017-2018 cun concerto dirixido por Jaime Martín e co que se contará con Lucas Macías ao óboe. 

 

Programa 

M. Ravel: Ma Mère l'Oye

R. Strauss: Concerto para óboe en Re M, TrV 292 (AV 144)

I. Stravinsky: Petrushka (revisión de 1947)

Galego

Érase unha vez a ópera

Érase unha vez a ópera é un espectáculo orixinal que persegue, xunto ao lóxico desexo de divertir, o propósito de interesar e instruír ao público infantil no marabilloso mundo da ópera, dunha forma sinxela e amena.

Esta proposta artística, que promove a Compañía Lírica de Galicia, ten como obxectivo achegar aos máis pequenos o mundo da lírica a través de óperas tan coñecidas como La Bohème, Don Giovanni, Madame Butterfly etc. da man da diva da ópera Madame Spaghettini e do grandísimo compositor Wolfang Amadeus Mozart.

Galego

Les Indes Galantes

A OV430 aborda o seu programa número 8 desta temporada viaxando ás refinadas músicas do século XVIII da man da súa Orquestra Barroca e baixo a dirección de José Manuel Navarro, un especialista en música antiga, colaborador habitual de prestixiosas formacións de música barroca en toda Europa.

Galego

Concerto Día das Letras Galegas

A Banda Municipal de Música de Santiago, baixo a dirección de Casiano Mouriño Maquieira, ofrecerá un concerto de música clásica galega con motivo do Día das Letras Galegas, contando coa presenza do coro Cantorum Compostellana Coniunctio. O programa a seguir será o seguinte:

C. Mouriño: San Lourenzo de Nogueira, Pasodobre 

M. Iglesias: Romaxe en Naseiro, Rapsodia Galega

B. del Río: A Lenda de Montelongo: 

     1. Preludio e coro de Fiadeiras

     3. Cantos dos mozos a Lúa 

Galego

Concerto Día das Letras Galegas

A sede Afundación da cidade de Pontevedra acolle o día 16 de maio o concerto Día das Letras Galegas, promovido polo Consello da Cultura Galega e que se vén organizando desde 2011. 

Nesta ocasión, o concerto será o escenario no que se estreará unha peza musical composta por Miguel Matamoro sobre un texto de María Victoria Moreno. 

A actuación musical estará precedida por unha recepción oficial do alcalde Miguel Anxo Fernández Lores aos membros da Real Academia Galega e do Consello da Cultura no Café Moderno.

Galego

La mirada en las manos

La mirada en las manos é un espectáculo de inclusión social a través das Artes. Consiste nunha visión multidisciplinar do imaxinario do clélebre pintor Pablo Picasso, trazando un percorrido polas súas etapas artísticas máis destacadas, desde a súa época realista ata o Guernica

O fío narrativo céntrase no personaxe de Picasso adulto e Picasso neno que están en continua comuñón. A Banda Municipal de Música de Coruña, a artista e creadora Rebeca Ponche e o dj Óscar Ramone poñerán banda sonora ao espectáculo.

Galego

Cuarteto Filhantrompia

Cuarteto Filhantrompia interpretará obras de Victoria, Teleman, Weber e Wagner no terceiro concerto do  X Ciclo de Música Relixiosa Barcia de Mera . O programa de música clásica desenvolverase entre os meses de abril e setembro na igrexa barroca da parroquia de San Martiño de Barcia de Mera (Covelo), permitindo gozar da música nunha contorna que non é a habitual.

Continuarán o ciclo  a produción da ópera Sor Angélica, de Puccini en xullo, o coro de Cámara Rias Baixas e Vox Stellae en agosto, e pechará a Real Filharmonía de Galicia en setembro.

Galego

Camerata Brigantina - Vivaldi

Camerata Brigantina interpretará obras de   Vivaldi no segundo concerto do   X Ciclo de música relixiosa Barcia de Mera.  O programa de música clásica desenvolverase entre os meses de abril e setembro na igrexa barroca da parroquia de San Martiño de  Barcia de Mera (Covelo), permitindo gozar da música nunha contorna que non  é a habitual. 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Clásica