Clásica

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Giart Dúo

GiArt Dúo é unha formación composta por Gabriel Lezcano, tenor, e Ingrid Sotolarova, piano. Despois de colaborar xuntos en diversos proxectos, decidiron crear una formación estable, coa cal poder afrontar os retos musicais e persoais que se presentaran. As posibilidades da voz e do piano, nun solo conxunto fan que a formación poida abordar diferentes períodos musicais, compositores y xéneros (lied, zarzuela, ópera, música de cámara...).

Galego

O violín e o violonchelo no século XVII

O violín e o violonchelo no século XVII é a primeira entrega do ciclo Le nuove musiche. Música instrumental e vocal do século XVII, que contará con seis recitais nos próximos meses. O recital  correrá da man do Ensemble Allettamento, un proxecto do violinista Mario Braña e da violonchelista Elsa Pidre.

O programa incorporará obras de Nicola Matteis, Domenico Gabrielli, Giovani Maria Bononcini, Pandolfi Mealli, Johann Jakob Walther, Tomaso Pegolotti e Arcangello Corelli. 

Galego

Coral Polifónica CVC de Valladares

A Coral Polifónica CVC de Valladares leva a súa música ao Teatro Afundación nunha actuación á que se pode acceder gratuitamente ata completar a capacidade da sala. 

A gala estará dirixida por José Iglesias Ramilo e contará con Alejo Amoedo ao piano. Como solistas estarán as soprano Indra Sesti di Lucca e Teresa Iglesias, e o tenor Enrique Martín.

Galego

Filharmonía Ibérica

Formada mediante un coidadoso proceso de selección entre as novas xeracións de músicos recentemente saídos dos principais centros musicais do país (ESMUC, Conservatorio do Liceo, Muikene, Escola Superior de Música Raíña Sofía, Conservatorio Superior de Salamanca, Conservatorio Superior de Valencia etc.) e outros recentemente chegados dos centros musicais máis importantes de Europa, EEUU e Latinoamérica, a orquéstra Filharmonía Ibérica pretende ser un referente de calidade e profesionalidade dentro da nova xeración de orquestras europeas.

Galego

The Oscillation

The  Oscillation móvese entre a lucidez do  krautrock e unha melancolía pop agridoce, tinguida de drons e de ruído inspirado no wave.

O grupo lembra á  kosmische  musik de  Neu! e  Tangerine  Dream pero tocada cun ollo posto no punk/ funk de  Public Image  Ltd., o  experimentalismo de Miles Davis e o  blues rock de  Spacemen 3. Presenta en Galicia o seu novo  LP, composto por dúas longas e  lisérxicas pezas.

Galego

Carmen Subrido

A soprano compostelana Carmen Subrido, que regresa este ano aos escenarios operísticos coa súa participación en Il Pirata de Bellini, ofrecerá un recital con arias de ópera, romanzas de zarzuela e cancións, tres facetas da súa relevante carreira que a levaron a protagonizar montaxes como El barberillo de Lavapiés, do célebre Calixto Bieito para o Teatro de la Zarzuela de Madrid. Tras esta última actuación, a crítica dixo que “está chamada a ser unha das grandes do seu repertorio”.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Clásica