Clásica

Galego
Taxonomy Imagen png: 

O camiño de Castelao

Continúan as actividades arredor da mostra Castelao maxistral, que trae por vez primeira a Galicia o cadro A derradeira leición do mestre, do artista de Rianxo. 

A programación comezará en 2019 cunha xornada dedicada ao exilio, dentro da cal haberá un concerto da Real Filharmonía de Galicia no que o repertorio estará centrado nos países que percorreu o intelectual galeguista, ademais dun encontro con persoas refuxiadas en Galicia.

Galego

Mestre Vide. Obra para piano e canto

Para homenaxear ao Mestre Vide no seu 125 aniversario de nacemento, en 2018 a pianista Noemí Salomón e soprano Anaís Fernández gravaron un dobre CD coa súa obra completa para piano e piano-canto lírico.

Neste espectáculo interpretan unha selección das obras máis importantes e característcas do compositor ourensán incluídas no seu traballo discográfico.

Galego

Orquestra Clásica de Vigo

A orquestra remata a programación anual co tradicional Concerto Extraordinario de Nadal. Nesta ocasión abordarán o Concerto para Violín en Re Maior Op. 35 de P. I. Chaikovski, interpretado pola violinista suíza Maristella Patuzzi, seguido da Sinfonía No. 4 Op. 36 do xenial compositor ruso. Dirixe Manuel Martínez Álvarez-Nava.

Galego

Concerto de Nadal

A Orquestra da Universidade de Santiago de Compostela (OUSC) ofrecerá este domingo 16 na Igrexa da Universidade o Concerto de Nadal, aberto ao público en xeral con entrada de balde ata completar capacidade, baixo a dirección de Mario Diz. O programa incluirá pezas de Händel, Rodrigo e Brahms.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Clásica