Clásica

Galego
Taxonomy Imagen png: 

PER-SONAT

PER-SONAT é un proxecto fundado en 2008 baixo a dirección artística de Sabine Lutzenberg, unha das figuras máis relevantes da actualidade no  eido da interpretación vocal de música antiga. Este conxunto está especializado na interpretación e investigación da música medieval e do Renacemento e, xunto coa súa directora, nel participan algúns dos máis destacados protagonistas da escena actual no ámbito da interpretación historicamente informada.

Galego

Macbeth

Macbeth é unha ópera en dez actos con música de Giuseppe Verdi. Supón a décima ópera do compositor e a primeira das obras de Shakespeare que adaptó a escena operística.

Galego

VIVID Consort

Bitter Fruit é o nome da actuación que a agrupación VIVID Consort leva a Foz no ciclo Espazos Sonoros. O programa combina pezas de música profana inglesa e francesa, coas que o grupo pretende amosar toda a beleza, drama e refinamento da polifonía renacentista, con incursións na música do Quattrocento italiano.

Galego

M.Sancho Quartet

Este cuarteto nace coa vontade de difundir a música de cámara, ámbito no que todos os seus membros levan xa máis dunha década traballando. M.Sancho Quartet está liderado pola clarinetista e profesora do Conservatorio Profesional de Música de Vigo Marta Sancho e integrado por instrumentistas profesionais e profesores dos conservatorios profesional e superior de música de Vigo, 

Galego

Capella Sancta Maria

Con base en Amsterdam, a agrupación Capella Sancta Maria destaca pola súa especialización en música do Renacemento. Composto por un cadro internacional de cantantes de primeira liña ás ordes do director coruñés Enrique López-Cortón, os seus programas caracterízanse pola súa contribución á revisión e ampliación dos repertorios vocais dos séculos XV e XVI. 

Galego

Sax Antiqua

Formado en 2003, Sax Antiqua é un grupo pioneiro pola súa dedicación en exclusiva á interpretación de música barroca arranxada para conxunto de cámara de saxofóns. Integrado por nove saxofonistas profesionais de diversa procedencia, o grupo pretende levar un instrumento moderno, como o saxofón, tradicionalmente asociado á música de jazz, a un ámbito en principio alleo, como é o da música antiga.

 

Formación

Pablo de Coupau, saxofón soprano

Antonio Felipe, saxofón soprano

Sara Seoane, saxofón soprano

Israel Bajo, saxofón alto

Galego

Marés

No marco do Quinteiro de Temperán, en O Grove (Pontevedra), unha casa de labranza reconstruída ao xeito do século XIX, a agrupación Marés realizará a primeira actuación deste ano do ciclo Espazos Sonoros, baixo o nome Iberian Crossroads. 

Galego

Abmiram Quartet

Durante dous venres de xullo consecutivos celébrase o Ciclo de Música Sons no Ar-co 2018, que acollerá dúas propostas distintas e contrastantes, cosmopolitas en ambos os dous casos. 

Abmiram Quartet é un grupo formado por catro novos percusionistas vigueses, creado expresamente para participar no concurso televisivo Got Talent España de Telecinco, onde acadaron un notable éxito como semifinalistas. O seu obxectivo é achegar a música clásica ao público, facéndoa amena sen deixar de lado a calidade. Para iso empregan un instrumento pouco habitual no repertorio: a marimba. 

Galego

Carmina Burana

Carmina Burana é a obra máis representativa do compositor alemán Carl Orff. A obra está inspirada nuns poemas medievais en latín, dos cales toma o texto. Esta cantata supuxo un gran éxito na súa estrea e a día de hoxe é coñecida mundialmente.

Galego

El holandés errante

Amigos da Ópera de Vigo, Amigos da Ópera de Santiago de Compostela e a Real Filharmonía de Galicia colaboran para interpretar esta obra de R. Wagner.

O argumento da obra baséase na historia dun capitán dun barco holandés sobre o cal pesa a maldición de vagar incesantemente polos mares, tendo só unha tregua dun día cada sete anos. Se nese día consegue o amor dunha muller, será redimido do seu castigo.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Clásica