Outras actividades

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

"Charlas en chanclas"

"Música e literatura. Diálogos de conveniencia" é o título da conversa programada no marco do Barbeira Season Fest, en Baiona, para este venres 2 de setembro, co apoio da SXPL.

O debate, conducido pola xornalista María Díaz, tratará da interrelación entre as dúas disciplinas e como se retroalimentan. Na charla participarán os escritores Ledicia Costas, Pedro Feijóo e Diego Giráldez e o músico Jorge Martí, vocalista de La Habitación Roja.

Galego

Laboratorios creativos

Co fin de facilitar a conciliacion das familias coruñesas, a Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés acolle a actividade LABORATORIOS CREATIVOS.

Datas: do 3 de outubro ao 18 de novembro

Horario: de 16:00 a 19:00 horas

Idades: de 6 a 12 anos

Prazas: 12 participantes para cada día

Inscricións: de 9:30 a 14:30 horas, para apuntarse calquera día da semana en curso. Na sala infantil, presencialmente ou por teléfono.

Galego

Os Bolechas deportistas

Os Bolechas viaxan por toda a xeografía de Galicia para espallar a súa sabedoría e unha chea de ganas de pasalo ben. Unha iniciativa da Xunta de Galicia que busca fomentar o uso da lingua galega no ámbito deportivo, ao tempo que a práctica deportiva e hábitos de vida saudables coa axuda dunha caravana itinerante. A través do teatro de monicreques descubriremos as vantaxes de facer deporte.

Galego

Olladas máxicas no Gaiás

Na Cidade da Cultura temos preparada unha actividade moi especial para os últimos días de vacacións antes da volta ao cole. Olladas máxicas no Gaiás é un campamento urbano pensado para que as nenas e nenos poidan explorar a arte, a música, a maxia e o deporte desde perspectivas que fomenten os valores de solidariedade, igualdade e corresponsabilidade. 

Galego

Campamento de verán

Co fin de facilitar a conciliación das familias coruñesas, a Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés acolle un campamento de verán.

De luns a venres do 29 de agosto ao 2 de setembro está dirixido a nenas e nenos de 6 a 12 anos.

O horario é de 10 a 13:30 horas.

O número de participantes é de 12.

Galego

XI Nigrán Area

Concello de Nigrán e a Sociedade Atlética Val Miñor, coa colaboración da Deputación de Pontevedra, Federación Galega de Atletismo e Deporte Galego, retoman o sábado 13 de agosto a 11 edición da Nigrán Are carreira popular de atletismo pola praia que é xa un referente da programación estival e deportiva na comarca. O prazo de inscrición para esta tradicional carreira por Panxón e Praia América está aberto en www.carreirasgalegas.com ata o 9 de agosto ás 23:59 horas.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Outras actividades