Outras actividades

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Xogar, aprender, medrar

Empréganse nelas os xogos artesanais da empresa Brazolinda, en galego e deseñados para que poidan xogar xuntos grandes e pequenos. Estes xogos teñen unha grande aceptación entre as familias e tamén se empregan como material didáctico nas aulas, pois a través das matemáticas, da expresión oral, da mitoloxía galega, do Camiño de Santiago, das adiviñas... favorecen a socialización ao tempo que fomentan, non só a aprendizaxe de contidos, senón tamén a introdución do galego en calquera ámbito ou temática educativa.

Galego

ARTE NA AULA. OS ARTISTAS CONTEMPORÁNEOS COMO PUNTO DE PARTIDA DE PROPOSTAS DIDÁCTICAS. CURSO DE EDUCACIÓN ARTÍSTICA

ARTE NA AULA. OS ARTISTAS CONTEMPORÁNEOS COMO PUNTO DE PARTIDA DE PROPOSTAS DIDÁCTICAS. CURSO DE EDUCACIÓN ARTÍSTICA

22 outubro 2022 - 12 novembro 2022

Horario
sábados de 10 a 14 h e de 16 a 20 h

Coordinación: Virginia Villar

Dirección: Gael Zamora Lacasta

Prazas: 20 por quenda

 

Debido á gran demanda e despois dun tempo marcado pola distancia, o programa Arte na aula retoma a formación presencial cun curso que xa se impartiu en liña en 2021: Os artistas contemporáneos como punto de partida de propostas didácticas.

Galego

Conexións

A iniciativa reunirá na Cidade da Cultura de Galicia a mocidade de diversas nacionalidades para debater sobre a proxección e a utilidade do galego no marco internacional.

O evento, incluído no Fondo TeCeRedes da Secretaría Xeral de Política Lingüística, terá lugar o sábado 15 de outubro no Auditorio Neira Vilas da Cidade da Cultura. Pretende mostrar o territorio da lusofonía coma un espazo de oportunidades para a mocidade a nivel laboral, formativo, artístico e cultural ao tempo que presenta o galego como unha ferramenta útil e atractiva coa que conectar con esta parte do mundo.

Galego

Yoga Fun! With Flying Fun

A biblioteca cede o espazo a Flying Fun para a realización dunha serie de actividades como contacontos, baile, ioga, xogos e manualidades coas que aprenderemos vocabulario e expresións en inglés á vez que nos divertimos e facemos exercicio.

No salón de actos. Para 15 nenas e nenos de 3 a 8 anos que poden vir acompañados dunha persoa adulta. As persoas interesadas poden retirar o convite no mostrador de Información da biblioteca dende 30 minutos antes do comezo da actividade.

Galego

Observación do ceo nocturno con telescopio

A observación do ceo nocturno con telescopio (se as condicións meteorolóxicas non acompañan, trasladarase a outro día) iniciarase ás 20.00h no salón de actos cunha breve explicación sobre o que as persoas participantes van poder avistar. A continuación, iniciarase no exterior da biblioteca a observación dos astros a través do telescopio, cunha duración aproximada dunha hora.

Para todos os públicos. As persoas interesadas poderán recoller a invitación no mostrador de Información da biblioteca a partir das 18.00h. O número máximo de participantes é de 30.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Outras actividades