Publicacións

Nesta sección danse a coñecer as novidades editoriais de temática cultural da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Pode consultar todas as publicacións da Administración autonómica na Libraría institucional da Xunta de Galicia.

Amosando 655 resultados.

Marcelo Macias: 175 aniversario

Marcelo Macias: 175 aniversario

Catálogo da exposición que o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense inaugurou en outubro de 2018 dentro das actividades programadas do Museo no ano 2018.

Voando o pasado: Fotografía aérea e arqueoloxía en Galicia

Autor/a: Xusto Rodríguez, Manuel - Coautor/a: Rodríguez González, Xulio
Voando o pasado: Fotografía aérea e arqueoloxía en Galicia

Catálogo da exposición que o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense inaugurou en setembro de 2017 dentro das actividades programadas do Museo no ano 2017 "Voando o pasado: fotografía aérea e arqueoloxía en Galicia".

Gonzalo Torrente Ballester. La travesía de un creador

Gonzalo Torrente Ballester. La travesía de un creador

Gonzalo Torrente Ballester, la travesía de un creador comprende o catálogo da exposición do mesmo nome, coorganizada pola Xunta de Galicia na Biblioteca Nacional de España, que quere render homenaxe á figura e á obra de Gonzalo Torrente Ballester...

Mentes no labirinto. Saúde mental, cultura e inclusión: Exposición

Entidade: Arquivo de Galicia
Mentes no labirinto. Saúde mental, cultura e inclusión: Exposición

Mentes no labirinto. Saúde mental, cultura e inclusión é o título do catálogo da exposición organizada polo Arquivo de Galicia para conmemorar o Día Internacional dos Arquivos no espazo destinado ás exposicións no edificio da Biblioteca e Arquivo...

Cadernos Ramón Piñeiro (XLVII). Luísa Villalta, en concreto

Coordinador/a: Andrés, Tamara. Naveira, Manuel. Requeixo, Armando
Cadernos Ramón Piñeiro (XLVII). Luísa Villalta, en concreto

Este XLVII Caderno Ramón Piñeiro reúne un diverso abano de voces para falar da homenaxeada no Día das Letras Galegas deste ano 2024, Luísa Villalta. Así pois, ademais do limiar, a Cronobiografía construída por Armando Requeixo tamén serve como...

Lamazares. Inda é día (1973-2023)

Lamazares. Inda é día (1973-2023)

Este catálogo ofrece unha visión completa e abranguente da obra de Antón Lamazares (Maceira, Lalín, Pontevedra, 1954) ao longo de máis de cincuenta anos de carreira, ao tempo que permite abordar, na súa complexidade, unha das figuras máis...

Xoán Vicente Viqueira. Filósofo e poeta

Autor/a: López Vázquez, Ramón
Xoán Vicente Viqueira. Filósofo e poeta

O libro é unha presentación da totalidade da obra de Viqueira. Como profesor de filosofía no IES Eusebio da Guarda, engarza coas doutrinas de Leonardo Coimbra (Portugal), Bergson (Francia) e Risco (Xeración Nós). Como poeta, toma o lirismo da...

Croa: Boletín do Museo do Castro de Viladonga | Núm. 34, 2024

Croa: Boletín do Museo do Castro de Viladonga | Núm. 34, 2024

Edición do número 34 da revista Croa, órgano de expresión científica e de difusión cultural do Museo do Castro de Viladonga, elaborada polo propio centro, coa colaboración da súa asociación de amigos, con dez artigos ou...

A caverna baleira: Catálogo de arte inmaterial, imposible e inexistente

Autor/a: Fernández Gonzalo, Jorge
A caverna baleira: Catálogo de arte inmaterial, imposible e inexistente

A caverna baleira: catálogo de arte inmaterial, imposible e inexistente foi a obra premiada na quinta edición do Premio CGAC de Investigación e Ensaio sobre Arte Contemporánea. O...

Graxa

Autor/a: Vila Iglesias, Manuel - Tradutor/a: Aresta, Manuel
Graxa

Graxa é un conto profundamente introspectivo e poético que explora a relación dunha persoa co seu corpo obeso. A narrativa é densa e rica en detalles, con descricións vívidas e, por veces, incómodas, que capturan a sensación de...

Páxinas