Debullando folclore: Notas introdutorias e edición facsimilar

Autor/a: Cajaraville Pensado, Manuel
Debullando folclore: Notas introdutorias e edición facsimilar
Material textual - Publicación en papel - Libro
ISBN-13: 978-84-453-5511-4
Idiomas: Galego
Edita: Secretaría Xeral da Lingua - Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (Santiago de Compostela)
Edición:
Ano: 2025
Temas: Cultura popular, Artesanía, Folclore, Gastronomía
Ilustracións: b/n
Encadernación: Tapa branda
Volumes: 1
Páxinas: 139
Sinopse
O bailarín e coreógrafo Manuel Cajaraville Pensado (1926-1999) fixo un traballo de recuperación do folclore galego durante a maior parte da súa vida. Unha pequena mostra desa recolleita plasmouna nun libro baixo o título de Debullando folklore, editado na Coruña en 1983. Nesta publicación recolleu parte do seu traballo etnográfico como resultado das súas viaxes polas vilas e aldeas do país e no que se inclúen contos, cancións, bailes, refráns e regueifas. Sendo este ano das nosas letras o dedicado merecidamente ás cantareiras, non se pode deixar de mencionar a estreita relación de Manuel Cajaraville coas pandeireteiras de Mens, froito da cal resultou a recuperación de melodías case esquecidas. Debullando folklore é un libro de difícil busca e non hai mellor momento que neste ano para preparar unha edición facsimilar, acompañado dunhas notas introdutorias e un anexo fotográfico do autor.
P.V.P. (I.V.E. Incluído): 15.00

Comparte