Publicacións
Nesta sección danse a coñecer as novidades editoriais de temática cultural da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Pode consultar todas as publicacións da Administración autonómica na Libraría institucional da Xunta de Galicia.
Amosando 655 resultados.
Moeda romana. No Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense

Catálogo dos fondos de numismática romana do museo, con identificación individualizada de cada peza e estado previo do proceso de formación das coleccións do Museo Provincial de Ourense.
Ramón Parada Justel

Catálogo da exposición temporal sobre o pintor Ramón Parada Justel realizada no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense no ano 1991, onde se recolle tanto a súa traxectoria vital como artística.
A selection of sculpture

Guía breve do edificio, historia do museo e coleccións que se mostran na escolma de escultura.
Ourense. A cidade, da orixe ao século XVI. Catálogo

Información documental gráfica que recolle as pezas que figuran na exposición: Ourense. A cidade, da orixe ao século XVI.
Ourense. A cidade, da orixe ao século XVI. Estudos

Artigos de varios autores que analizan polo miúdo as intervencións arqueolóxicas realizadas na cidade de Ourense e que serven de soporte científico á exposición: Ourense. A cidade, da orixe ao século XVI.
Unha escolma de escultura

Catálogo da mostra do mesmo nome que recolle unha selección de fondos do Museo de Ourense para facer visible a súa existencia en canto permanece pechado polas obras de remodelación. Complétase o catálogo cunha introdución sobre o edificio no cal...
A medalla conmemorativa española no Museo de Ourense

Catálogo onde se estudan as medallas conmemorativas españolas que forman parte das diferentes coleccións do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.
Antología de escultura

Guía breve do edificio, historia do museo e coleccións que se mostran na escolma de escultura.
Arqueoloxía do noroeste peninsular en tempos de Nós

"Arqueoloxía do noroeste peninsular en tempos de Nós" é unha publicación editada dentro dos proxectos que se veñen desenvolvendo para conmemorar o centenario de Nós, coa finalidade de pór en valor o traballo que os membros desa xeración levaron a...
Cuevillas e os seus contemporáneos: Epistolario

Transcrición, estudo e edición crítica do epistolario de Florentino López Cuevillas, como homenaxe no centenario da Xeración Nós.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »