O carteiro de Ximaraos
Autor/a: Labraña, Carlos

Material textual - Publicación en papel - Libro
ISBN-13: 978-84-453-5513-8ISBN-13: 978-84-1110-712-9
Idiomas:
Galego
Edita:
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, AGADIC (Santiago de Compostela), Edicións Xerais de Galicia, SA (Vigo)
Edición:
1ª
Ano:
2025
Temas:
Cine, Teatro, Espectáculos
Ilustracións:
cor
Encadernación:
Tapa branda
Volumes:
1
Páxinas:
85
Sinopse
O carteiro de Ximaraos, de Carlos Labraña, conforma o número 29 da colección Biblioteca Dramática Galega, que integra as obras gañadoras dos premios Álvaro Cunqueiro para textos teatrais e Manuel María de literatura dramática infantil convocados pola Axencia Galega das Industrias Culturais.
Gañadora do Premio Manuel María de literatura dramática infantil 2024, a obra fala dunha situación nada doada que viven moitas crianzas, como é o feito de convivir cun familiar doente, e do conflito interxeneracional que os separa, temática que o autor aborda dun xeito sensible, coidado e con profundidade. A importancia da memoria, a tradición e a transmisión do legado familiar están presentes na obra.