A Residencia Xacobeo promove por primeira vez a tradución de obras galegas ao alemán coa estadía de Florian Weber

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2025

A Residencia Xacobeo acollerá durante o vindeiro mes de marzo o alemán Florian Weber, gañador da estadía na que levará a cabo o seu proxecto de tradución de obras galegas. Trátase da iniciativa que impulsan a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Residencia Literaria 1863 e que, por primeira vez, contará cun escritor xermano que traballará un proxecto de tradución a esta lingua.

Galego

Os traballos da Xunta no castro de Barbude da Estrada sacan á luz unha muralla da época castrexa

A Estrada (Pontevedra), 18 de decembro de 2025.- Os traballos impulsados pola Xunta de Galicia no castro de Barburde ou Trasmonte, no concello da Estrada, acaban de sacar á luz restos dunha muralla de época castrexa. Así o anunciou hoxe o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, nunha visita na que estivo acompañado polo director xeral de Patrimonio Cultural, Ángel Miramontes, e na que puido coñecer o avance desta actuación.

Galego

López Campos erixe a Estrada como "fonte de inspiración e lugar de referencia no ano Castelao"

A Estrada (Pontevedra), 12 de decembro de 2025.- O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, erixiu hoxe A Estrada como “parada obrigada no Ano Castelao”. Fíxoo na inauguración da exposición Castelao. De Sempre en Galiza ao Consello de Galiza, que poderá verse ata o 10 de xaneiro na Casa das Letras e que serve para poñer o broche de ouro aos actos impulsados coa colaboración da Xunta de Galicia para, ao longo de todo o ano, homenaxear ao intelectual co gallo do 75 aniversario do seu pasamento.

 

Galego

A Residencia Xacobeo promove por primeira vez a tradución de obras galegas ao alemán coa estadía de Florian Weber

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2025.- A Residencia Xacobeo acollerá durante o vindeiro mes de marzo o alemán Florian Weber, gañador da estadía na que levará a cabo o seu proxecto de tradución de obras galegas. Trátase da iniciativa que impulsan a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Residencia Literaria 1863 e que, por primeira vez, contará cun escritor xermano que traballará un proxecto de tradución a esta lingua.

Galego

As axudas da Xunta a rodaxes audiovisuais en Galicia distribúen 2M€ entre seis novas películas e series

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2025.- A Xunta de Galicia contribúe á filmación na nosa Comunidade de seis novas longametraxes e series, entre as que distribúe 2M€ procedentes da convocatoria de 2025 do fondo de axudas para a atracción de rodaxes audiovisuais.

Galego

A Biblioteca Pública da Xunta en Lugo acolle o próximo luns un concerto de Nadal do Orfeón Lucense

Lugo, 19 de decembro de 2025

A Biblioteca Pública da Xunta en Lugo, situada na avenida de Ramón Ferreiro, acollerá o próximo luns 22 de decembro o tradicional concerto de Nadal do Orfeón Lucense. 

A actuación será ás 19,00 horas no salón de actos, con entrada libre ata completar aforo. A agrupación interpretará un repertorio de temática navideña, cunha duración aproximada de 45 minutos.

Galego

O Gaiás pecha 2025 coa obra do Centro de Artes Dixitais lista para iniciar o equipamento tecnolóxico

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, presidiu esta mañá a última reunión do ano do padroado da Fundación Cidade da Cultura, na que asegurou que a Xunta de Galicia despide 2025 cumprindo o seu compromiso de deixar as obras do Centro de Artes Dixitais listas para iniciar o seu equipamento tecnolóxico e conseguir así que estea operativo na segunda metade de 2026.

Galego

López Campos destaca a aposta polos audiolibros para achegar á cidadanía a obra de figuras como Castelao

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, destacou hoxe que “non hai mellor homenaxe polo Ano Castelao que finalizar esta celebración posibilitando que, ademais de ler a obra dun dos nosos autores máis recoñecidos, tamén poidamos escoitala”. Fíxoo na presentación do audiolibro Retrincos. Un ollo de vidro, unha iniciativa da Xunta de Galicia con motivo desta efeméride e materializada pola Editorial Galaxia.

Galego

Os traballos da Xunta no castro de Barbude da Estrada sacan á luz unha muralla de época castrexa

A Estrada (Pontevedra), 18 de decembro de 2025

Os traballos impulsados pola Xunta de Galicia no castro de Barburde ou Trasmonte, no concello da Estrada, acaban de sacar á luz restos dunha muralla de época castrexa. Así o anunciou hoxe o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, nunha visita na que estivo acompañado polo director xeral de Patrimonio Cultural, Ángel Miramontes, e na que puido coñecer o avance desta actuación.

Galego

Páxinas

Subscribirse a Cultura de Galicia RSS