A Xunta únese á Fundación Santa María la Real para divulgar o románico de Galicia con seminarios, cursos en liña e programas de pódcast

Santiago de Compostela, 5 de maio de 2026.- A Xunta colabora coa Fundación Santa María la Real para facilitar a divulgación entre a cidadanía do milleiro de bens románicos que conserva Galicia, a través de seminarios presenciais, cursos en liña e un programa de pódcast.

Galego

Ai, avoa!!

Ai, avoa es una comedia crítica que retrata, con humor ácido, la decadencia
de una familia obrera devorada por la avaricia de su abuela.
A través de una sátira sobre el egoísmo, la indolencia y la pérdida de valores,
la obra ofrece una reflexión mordaz sobre las miserias humanas y la
falta de solidaridad en la sociedad actual.

Galego

López Campos erixe a Rosalía de Castro como “símbolo lexítimo de Galicia” pola súa “influencia e referencia” no pensamento e disciplinas artísticas da comunidade

Vigo, 5 de maio de 2026

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, erixiu hoxe a figura de Rosalía de Castro como “símbolo lexítimo” de Galicia pola súa “ilimitada influencia e referencia no pensamento e disciplinas artísticas da Comunidade”. Así o asegurou durante a súa intervención na inauguración, na sede da Deputación de Pontevedra en Vigo, da exposición itinerante Rosalía Ilustrada, que conta co apoio da Xunta e na que 35 creadores interpretan graficamente un texto da escritora.

Galego

Friol celebra a próxima fin de semana a oitava edición do ‘Friulio’ coa colaboración da Xunta

Lugo, 5 de maio de 2026

A Xunta colabora coa oitava edición do Friulio, que se celebra en Friol o sábado 9 e o domingo 10 de maio. A cita está impulsada polo Concello  e a asociación de recreación histórica A Castronela.

A Delegación Territorial de Lugo acolleu hoxe a presentación desta convocatoria, coa participación do delegado territorial, Javier Arias; o alcalde de Friol, José Ángel Santos, e membros da organización.

Galego

Ana Ortiz destaca a aposta da Xunta polo talento artístico en Vigo a través do concurso Megaestrelas

Vigo, 5 de maio de 2026

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, destacou este martes a evolución do concurso vigués Talent Show Megaestrelas como plataforma de impulso para os artistas emerxentes na cidade. A representante autonómica incidiu na importancia da alianza entre o Goberno galego e o certame co obxectivo de descubrir novos talentos con acento vigués.

Galego

A Xunta renova o seu apoio á tempada lírica da Coruña cunha achega de 160.000 € para a representación de Jenúfa

A Coruña, 5 de maio de 2026

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, participou hoxe na Coruña na presentación da 74ª Temporada Lírica organizada pola Asociación Amigos de la Ópera, un amplo programa de exhibición e didáctica arredor do xénero que o Goberno galego volve apoiar este ano a través dun convenio por valor de 160.000 euros para a representación de Jenůfa, do checo Leoš Janáček, un dos principais reclamos da carteleira.

Galego

Anxo M. Lorenzo destaca a proxección da cultura galega na Feira internacional do libro de Bos Aires

Bos Aires (A Arxentina), 5 de maio de 2026

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, destacou a “importante proxección” da cultura galega na Feira Internacional do Libro de Bos Aires, “unha das grandes citas do sector do libro no mundo”. Así o puxo en valor na primeira xornada das actividades impulsadas pola Xunta co gallo destaca que se celebra ata o 11 de maio na capital da Arxentina.

Galego

López Campos gaba a Alfredo Conde polo “seu compromiso coa cultura” nos Premios José Luis Alvite

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2026

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, participou hoxe na entrega do Premio José Luis Alvite, co que a Asociación de Periodistas de Galicia recoñeceu este ano o labor de Alfredo Conde, “unha persoa comprometida coa nosa terra, coa nosa cultura e a nosa lingua, como demostra tanto na súa vida profesional como persoal “, apuntou o representante da Xunta.

Galego

"Retablo do Esperpento"

Sinopse de “Retablo do Esperpento”

Nunha familia de meigas, unha moza resístese ás argucias da súa tía, que en conivencia coa nai, argallan para obter beneficio dos agasallos que un ricacho ofrece a cambio dos favores da virxe. Para reafirmarse na súa liberdade, a moza déixase facer as beiras por un humilde afiador, pero unha noite de luarada, servíndose dos seus poderes de meiga, adiviña como sería o seu futuro e decide facer un lixeiro cambio de plans no seu destino a través dunha ligazón. Isto é, dun pacto de sangue.

Galego

A Cidade da Cultura de Galicia incrementa o beneficio que xera á sociedade e sitúase xa preto dos 24 millóns de euros

O Consello da Xunta vén de dar o seu visto e prace ao terceiro informe de contabilidade social da Cidade da Cultura de Galicia, que estima que esta institución xera á sociedade un valor total de 23,92 millóns de euros. Neste balance, que analiza datos do ano 2024, reflíctese un incremento respecto ao informe anterior (correspondente a 2022), que cifraba este retorno en 23,65 millóns de euros.

 

Galego

Páxinas

Subscribirse a Cultura de Galicia RSS