Anxo M. Lorenzo destaca o “testemuño histórico e emocional” das fotografías sobre A Habana que protagonizan a nova exposición de Belas Artes

A Coruña, 15 de maio de 2026

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugurou hoxe no Museo de Belas Artes da Coruña a mostra Habana Mater 2003-2023 Luis Gabú coa que, destacou, “seguimos a enriquecer con novos contidos os nosos espazos, introducindo propostas que fan destes equipamentos un dos principais eixos da programación cultural galega”, en referencia ao programa As exposicións de 2026 como motor cultural da Galicia Calidade.

Galego

A Xunta participa na Feira internacional do Cómic 2026 ‘FICOMIC Barcelona’ con máis dun cento de títulos

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2026.- A Xunta de Galicia está a participar na Feira Internacional do Cómic 2026, FICOMIC. Barcelona, cun expositor propio co obxectivo de facer medrar aínda máis a presenza no eido da banda deseñada, onde a comunidade é xermolo e viveiro de moitos proxectos e creadores, tal e como demostra o máis dun cento de títulos que se difundirán ata o 17 de maio para reflectir a creación galega máis actual deste xénero.

Galego

López Campos destaca a contribución do sector da publicidade á difusión e prestixio da imaxe de ‘Galicia Calidade’

Pontevedra, 14 de maio de 2026

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, destacou hoxe a contribución do sector da publicidade “á difusión e prestixio da imaxe de Galicia Calidade que tanto e tan ben no representa e nos identifica”. Así o salientou hoxe na participación na inauguración do VIII Congreso Flúor, un dos principais encontros do sector da comunicación, márketing e creatividade en Galicia, que reúne medio milleiro de profesionais en Pontevedra.

Galego

A Xunta patrocina o novo festival Son e Mar Vigo, dous ciclos musicais gratuítos no porto con seis xornadas temáticas e preto de 50 artistas

Vigo, 13 de maio de 2026

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz,  acompañada pola vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, presentou este mércores o primeiro festival musical gratuíto que se celebrará na cidade, o Ciclo Son e Mar Vigo 2026, incluído na programación dos Concertos do Xacobeo. Será o vindeiro mes de setembro con seis xornadas temáticas e preto de 50 artistas.

Galego

Chaves invisibles

Unha viaxe chea de historias, música e imaxinación abre as portas do universo literario de Begoña Caamaño en Chaves invisibles, o espectáculo con música ao vivo de Vero Rilo e Luís Iglesias que nos convida a mergullarnos na palabra da homenaxeada nas Letras Galegas 2026.

Galego

López Campos enxalza a “paisaxe cultural única” da Ribeira Sacra como “valor clave” para conseguir o recoñecemento de Patrimonio Mundial da Unesco

Nogueira de Ramuín (Ourense), 12 de maio de 2026.- O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, enxalzou hoxe a “paisaxe cultural única” da Ribeira Sacra como “valor clave” para a consecución do recoñecemento como Patrimonio Mundial da Unesco. Así o considerou na inauguración co secretario de Estado de Cultura, Jordi Martí, do 27º Encontro Internacional do Convenio da Paisaxe, que conta coa colaboración da Xunta e se celebrará ata mañá na localidade ourensá de Nogueira de Ramuín.

Galego

O colectivo ‘Egeria’ presenta o libro ‘Lugopoética 2025’, que conta coa colaboración da Xunta

Lugo, 12 de maio de 2026

O colectivo Egeria presentou hoxe o libro Lugopoética 2025, que recolle o contido de seis encontros con poetas lucenses desenvolvidos o ano pasado na sede da UNED na cidade. O proxecto conta co apoio da Xunta.

No acto participaron o secretario xeral da Lingua, Valentín García; o delegado territorial de Lugo, Javier Arias; a directora da UNED de Lugo, Ana Traseira; e o presidente de Egeria, Xulio Xiz; entre outras persoas.

Galego

Páxinas

Subscribirse a Cultura de Galicia RSS