Subvencións para a participación de persoas escritoras, ilustradoras, tradutoras e editoras nas actividades que se celebren no sector do libro fóra de Galicia

Orde do 30 de decembro de 2025, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a participación de persoas escritoras, ilustradoras, tradutoras e editoras nas actividades que se celebren no sector do libro, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento CT221A).

Galego

O festival Outono Lírico 2026 levará a Vigo a ópera ‘Don Giovanni’ e concertos de grandes voces internacionais deste xénero co apoio da Xunta

Vigo, 28 de maio de 2026

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe na presentación da programación do Festival Outono Lírico 2026, unha iniciativa impulsada pola Asociación Amigos da Ópera de Vigo co apoio da Xunta de Galicia, que permitirá gozar nesta edición, na cidade olívica, da ópera Don Giovanni, de Mozart, e da actuación de grandes voces internacionais actuais deste xénero.

Galego

A Xunta renova a dirección do Centro Galego de Arte Contemporánea co propósito de definir novas estratexias en permanente contacto co sector

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2026

A Xunta de Galicia abre hoxe unha nova etapa no Centro Galego de Arte Contemporánea, tras a publicación no Diario Oficial de Galicia do nomeamento de Eva López Tarrío como directora, na que se van definir as novas estratexia para este ente público en permanente contacto e diálogo co sector.

Galego

López Campos pon en valor o pulo socioeconómico que a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial supón para a zona

Nogueira de Ramuín (Ourense), 27 de maio de 2026.- O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, puxo hoxe en valor o impulso socioeconómico que a candidatura da Ribeira Sacra. Paisaxe da auga a Patrimonio Mundial pola Unesco supón para a zona “co agromo de importantes proxectos vencellados á cultura, á paisaxe e a actividades turísticas e agrícolas do territorio”, desde que se puxo en marcha a iniciativa e que en xullo afronta a recta final coa avaliación decisiva, que terá lugar na cidade coreana de Busan.

Galego

A Biblioteca Pública da Xunta en Lugo acollerá unha exposición sobre a historia da telefonía na provincia

Lugo, 27 de maio de 2026

A Biblioteca Pública Provincial da Xunta en Lugo acollerá unha exposición sobre a historia da telefonía na provincia, organizada pola Asociación Sénior de Telefónica de Lugo (Astelu). O delegado territorial, Javier Arias, presentou hoxe a mostra xunto a representantes do colectivo promotor, entre eles o seu presidente, José Luis Rodríguez. 

Galego

A Xunta ultima un acordo con Colombia para exhibir no Xacobeo 2027 unha das coleccións de ouro máis relevantes do mundo

Madrid, 27 de maio de 2026

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou esta mañá na Casa de América en Madrid na presentación dun proxecto internacional para que Santiago de Compostela sexa no Xacobeo 2027 unha das tres únicas sedes en Europa de O ouro e o universo. Saberes indíxenas de Colombia, exposición que traerá por vez primeira á nosa Comunidade 291 pezas dunha das coleccións de ouro máis relevantes do mundo: a do Museo del Oro del Banco de la República (Colombia).

Galego

Xosé Lois Romero & Aliboria actuarán o 15 de agosto no festival ‘Terra Brava’ do Incio co patrocinio da Xunta

O Incio (Lugo), 27 de maio de 2026

A Xunta renova a súa colaboración co Festival Terra Brava do Incio, que celebra o 15 de agosto unha nova edición impulsada pola asociación Terra Brava.

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, reuniuse co alcalde do Incio, Héctor Corujo, e co presidente da agrupación promotora, Luis Valcárcel, para coñecer os detalles da programación deste ano, que incorpora a actuación de Xosé Lois Romero & Aliboria patrocinada pola Xunta.

Galego

A Xunta abre o plazo para que as industrias culturais galegas soliciten axudas para levar os seus espectáculos ao exterior

Santiago de Compostela, 26 de maio de 2026.- A Xunta abre hoxe o prazo de solicitude da convocatoria de axudas dirixidas ás actividades de distribución das industrias culturais galegas, para a que destina este ano 500.000 euros co obxectivo de continuar a favorecer a presenza dos espectáculos galegos de escena e de música en escenarios, circuítos e festivais fóra da nosa Comunidade.

 

Galego

A Xunta consolida o seu apoio ao teatro afeccionado con 55.000 € para representar 84 funcións e celebrar o Festival Agustín Magán e un certame de microteatro

Pontevedra, 26 de maio de 2026

O Goberno galego destinará este ano 55.000 euros á Federación Galega de Teatro Afeccionado para apoiala no desenvolvemento da súa actividade ao longo deste 2026, que inclúe 84 funcións por toda Galicia, a organización do Festival Agustín Magán e a celebración dun certame de microteatro co gallo dos 26 anos da existencia desta entidade. Así se recolle no convenio asinado hoxe polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, e a presidenta desta entidade, Chelo Pampillón.

Galego

López Campos salienta o papel de Galicia Escena Pro como grande escaparate para a proxección dos espectáculos galegos

Santiago de Compostela, 25 de maio de 2026

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, referiuse hoxe a Galicia Escena PRO como “o grande escaparate aberto para a proxección da creación galega” e como o espazo de referencia que “fomenta o diálogo e a actividade profesional do sector”. Fíxoo durante o acto de inauguración e benvida da 13ª edición do mercado das artes escénicas organizado pola Xunta de Galicia xunto coa asociación Escena Galega, que se desenvolve ata o xoves 28 en Santiago de Compostela.

Galego

Páxinas

Subscribirse a Cultura de Galicia RSS