"Retablo do Esperpento"

Nunha familia de meigas, unha moza resístese ás argucias da súa tía, que en conivencia coa nai, argalla para obter beneficio dos agasallos que un ricacho ofrece a cambio dos favores da xoven. Para reafirmarse na súa liberdade, a moza déixase facer as beiras por un humilde afiador, pero unha noite de luarada, servíndose dos seus poderes de meiga, adiviña como sería o seu futuro e decide facer un lixeiro cambio de plans no seu destino a través dunha ligazón. Isto é, dun pacto de sangue.

Galego

A Xunta convida a mergullarse nas culturas de Oceanía cunha exposición que exhibe por vez primeira en Galicia 200 pezas únicas do British Museum

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2026

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, inaugurou esta mañá no Museo Centro Gaiás Voces do Pacífico. Innovación e tradición, unha exposición que trae por vez primeira a Galicia máis de 200 pezas da colección do British Museum, unha das máis destacadas do mundo de arte e cultura de Oceanía.

Galego

López Campos sitúa Galicia como epicentro audiovisual na súa visita á filmación de ‘Un deus que non baila’

Outes (A Coruña), 4 de xuño de 2026

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, situou Galicia como “epicentro audiovisual tanto desde o punto de vista artístico e de dotación de recursos tecnolóxicos, como de potencial paisaxístico e patrimonial para ser escenario de filmación”. Así se expresou durante a súa visita hoxe no Concello de Outes á gravación da longametraxe Un deus que non baila, proxecto que recibe 350.000€ da liña de subvencións para a atracción de rodaxes convocada pola Xunta.

Galego

A Xunta patrocina a Festa da Tinería, que se celebra o sábado impulsada pola asociación de empresarios Itineris

Lugo, 3 de xuño de 2026

A Xunta de Galicia patrocina a quinta edición da Festa da Tinería, organizada pola asociación de empresarios Itineris. Celebrarase este sábado e incluirá un mercadiño artesán, obradoiros de artesanía e actuacións musicais en varias  rúas e locais do casco histórico lucense.

A Oficina de Turismo da Xunta acolleu hoxe a presentación da programación, que contou coa participación do delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, e a presidenta da entidade promotora, Isabel Lozano, entre outros.

Galego

A Xunta contará co sector cultural para elaborar o primeiro Plan director da historia do Centro Galego de Arte Contemporánea

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2026

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, anunciou hoxe que “nos vindeiros días” comezarán os traballos para “a elaboración do primeiro Plan Director da historia do Centro Galego de Arte Contemporánea”. Así o deu a coñecer, en resposta a unha pregunta no Pleno do Parlamento, na que avanzou que “esta folla de ruta vai definir as novas estratexias para este ente público en permanente diálogo e contacto co sector”.

Galego

A Xunta estrea este venres no Salón Teatro 'A furia da amanita' do Centro Dramático Galego en coprodución coa compañía Redrum

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2026

A Xunta de Galicia estrea este venres 5 de xuño, ás 18,00 h., no Salón Teatro de Santiago de Compostela, a coprodución do Centro Dramático Galego coa compañía Redrum Teatro A furia da amanita, con dramaturxia de Santiago Cortegoso e dirección de Guillermo Carbajo e Alex Sampayo. A montaxe , que conta tamén coa colaboración do Concello de Teo, ofrecerá outras dúas funcións durante a fin de semana: o sábado 6 e o domingo 7, todas ás 18,00 h.

Galego

A Xunta impulsa a creación en Galicia da primeira cátedra do norte peninsular de Xestión Cultural especializada en Patrimonio

  • cruz_embolada cruz_embolada

Lugo, 2 de xuño de 2026

O director xeral de Patrimonio Cultural, Ángel Miramontes, asinou hoxe coa reitora da Universidade de Santiago de Compostela, Rosa Crujeiras, o convenio de colaboración para a posta en marcha en Galicia da primeira cátedra do norte peninsular de Xestión Cultural, especializada en Patrimonio, que se impartirá na Facultade de Humanidades do Campus de Lugo, onde xa existe un grao universitario nesta materia.

Galego

O ciclo musical Salas ao vivo! leva 22 concertos a nove espazos galego con apoio da Xunta

Pontedeume (A Coruña), 2 de xuño de 2026

A Xunta de Galicia apoia con 50.000 euros o ciclo Salas ao Vivo!, a proposta de Artyc Content para impulsar unha acción coordinada e sostida de exhibición musical ao longo do territorio galego. O proxecto, baseado na colaboración entre promotoras profesionais, salas privadas e artistas, levará 22 concertos de formacións musicais do país a nove espazos das catro provincias entre abril de 2026 e febreiro de 2027, co obxectivo de reforzar a música en directo como eixo cultural, social e económico.

Galego

Páxinas

Subscribirse a Cultura de Galicia RSS