A Xunta adxudica 36 bolsas de formación en arquivos e museos

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2026.- A Xunta de Galicia acaba de adxudicar as 36 prazas ofertadas para a formación en arquivos e museos. Así se deu a coñecer no Diario Oficial de Galicia, onde se publicou a listaxe de persoas selecionadas para participar nestas bolsas durante o período 2026-2027. Deste xeito, as persoas bolseiras contarán cunha estadía de doce meses co fin de favorecer a formación especializada do futuro persoal técnico dos centros, así como posibilitar a súa aprendizaxe desde unha perspectiva máis práctica.

Galego

Resolución de concesión das bolsas de formación en museos

Publicada no DOG do Martes, 2 de xuño de 2026 a RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2026, da Dirección Xeral de Cultura, pola que se ordena a publicación da Resolución do 19 de maio de 2026 de concesión das bolsas de formación en museos convocadas ao abeiro da Orde do 16 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á súa convocatoria para o programa 2026-2027 (código de procedemento CT110B).

Galego

A Xunta impulsa os formatos dixitais no marco das súas estratexias de fomento da lectura

Ler en formato dixital é unha práctica en plena expansión que centra tamén as estratexias que se levan a cabo desde a Xunta de Galicia para fomentar a lectura, adoptando medidas para acompañar esta tendencia. Neste marco, hoxe analizouse no Consello un informe que recolle as liñas de actuación da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude para adaptarse a estes novos hábitos, como é o impulso da plataforma GaliciaLe  ou o aopio á edición de audiolibros.

Galego

Anxo M. Lorenzo destaca a aposta da Xunta por propostas culturais "diversas e de calidade" que contribúen á dinamización dos barrios

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2026

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, destacou hoxe a aposta da Xunta por contribuír “a través de propostas culturais diversas e de calidade á dinamización dos barrios.” Así o salientou na presentación da programación do festival Folk na Beira do Sar, que se celebrará ao longo desta fin de semana en Santiago de Compostela e que conta coa colaboración do Goberno galego.

Galego

A Filmoteca de Galicia abre xuño cunha sesión sobre cinema e eclipses e rematará o mes con Gabriel Azorín e un pase especial de ‘Onte á noite conquistei Tebas’

A Coruña, 1 de xuño de 2026

A Filmoteca de Galicia abre mañá a programación de xuño cunha serie de filmes sobre eclipses agrupados baixo o título O obturador cósmico, no marco da xornada inaugural da (S8) Mostra Internacional de Cinema Periférico, e pechará o mes o día 30 cunha cita especial arredor do filme Onte á noite conquistei Tebas, de Gabriel Azorín, última proxección da temporada 2025-2026 na sala José Sellier.

Galego

A Xunta inicia a tramitación do anteproxecto do decreto dos Itinerarios Culturais de Interese Autonómico para regular a súa creación e protección

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2026.- O Goberno galego está xa a traballar na tramitación do anteproxecto de decreto regulador dos itinerarios culturais de interese autonómico, co obxecto de contar neste ano coa normativa que estableza os criterios que rexan a  súa creación, ao tempo que determine as súas medidas de protección, divulgación e apoio. Isto vai permitir que estas novas figuras sexan obxecto de especial atención por parte das administracións públicas á hora de planificar programacións culturais, convocar axudas e deseñar medidas de posta en valor.

Galego

Páxinas

Subscribirse a Cultura de Galicia RSS