A Xunta impulsa en San Simón a residencia audiovisual Conecta Lab para avanzar no desenvolvemento de seis novos proxectos cinematográficos
Redondela (Pontevedra), 14 de abril de 2026
Redondela (Pontevedra), 14 de abril de 2026
Madrid, 14 de abril de 2026.
A Laracha (A Coruña), 14 de abril de 2026
A Xunta declara Ben de Interese Cultural o Xogo dos Birlos de Galicia, na categoría de patrimonio inmaterial, en recoñecemento ao seu papel coma un dos xogos populares e tradicionais máis importantes da historia de Galicia. Así se acordou hoxe no Consello do Goberno galego, onde se lle deu o visto e prace ao decreto, que se publicará nos vindeiros días no Diario Oficial de Galicia.
Ourense, 13 de abril de 2026
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, acompañado do alcalde, Fernando Taboada, supervisou esta mañá o remate das obras de rehabilitación do anexo do Pavillón Municipal de Deportes de Beade para uso cultural ás que a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude destinou máis de 24.000 euros ao amparo da liña de axudas de 500.000 euros convocada pola Xunta para equipar e mellorar as instalacións e locais destinados a realizar actividades culturais de 44 concellos de Galicia.
Santiago de Compsotela, 13 de abril de 2026.- O Goberno galego colaborará, un ano máis, coas librerías galegas para modernizar establecementos e levar a cabo actividades culturais, entre as que se inclúe o circuíto das Feiras do Libro. Así se informou hoxe no Consello da Xunta, no que se deu luz verde ao convenio de colaboración coa Federación de Librarías Galegas, dotado cun total de 220.146€, co obxecto de acadar unha valoración deste patrimonio cultural e unha maior difusión e posta en valor da lingua e literaturas galegas.
Xunqueira de Espadanedo (Ourense), 13 de abril de 2026
O director xeral de Patrimonio Cultural, Ángel Miramontes, acompañado polo delegado da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, visitou hoxe a igrexa do mosteiro de Santa María de Xunqueira de Espadanedo, onde a Xunta de Galicia acaba de sacar a licitación as obras de restauración de dous retablos por valor de 48.370€ “velando unha vez máis pola preservación nas mellores condicións dos nosos bens culturais, especialmente os monumentos que forman parte da Ribeira Sacra”, apuntou.
Santiago de Compostela, 13 de abril de 2026
A Xunta de Galicia acaba de publicar a terceira edición do catálogo dixital Danza Galicia, co que continúa impulsando a proxección da produción coreográfica e das artes do movemento feitas na Comunidade. A través desta ferramenta, promovida pola Axencia Galega das Industrias Culturais por medio do Centro Coreográfico Galego, reúnense 137 títulos de 55 formacións profesionais nunha recompilación pensada para facilitar a súa visibilidade e circulación entre responsables de programación e axentes culturais.
Santiago de Compostela, 12 de abril de 2026
Vedra (A Coruña), 12 de abril de 2026
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, puxo hoxe en valor os viños da Ulla dentro da Denominación de Orixe (DO) Rías Baixas e reafirmou o compromiso da Xunta con este eido, que se materializa a través de diversas vías, entre elas un investimento anual de arredor de 12 millóns de euros. Estes fondos, subliñou, destínanse a iniciativas para modernizar viñedos e facelos máis sustentables, para a elaboración e a comercialización, así como para a promoción deste eido, entre outros obxectivos.