López Campos considera “de xustiza” que o primeiro Día das Artes Galegas dedicado a un fotógrafo sexa a José Suárez, “un dos máis grandes do século XX”

Allariz (Ourense), 1 de abril de 2026

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, considerou hoxe “de xustiza” que o primeiro Día das Artes Galegas dedicado a un fotógrafo sexa ao ourensán José Suárez “un dos máis grandes do século XX”. Fíxoo durante a súa participación no acto conmemorativo principal deste efeméride, celebrado en Allariz, terra natal do homenaxeado, no que estivo acompañado polo delegado territorial da Xunta, Manuel Pardo, e o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo.

Galego

A Xunta avanza nas obras de conservación da igrexa de Santa Mariña de Sarria coa previsión de que estean finalizadas para o verán

Sarria (Lugo), 1 de abril de 2026

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude avanza nas obras de conservación da igrexa de Santa Mariña de Sarria coa previsión de que estean rematadas para o verán.

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, comprobou hoxe a execución dos traballos, nos que a Xunta inviste preto de 550.000 euros. A actuación principal céntranse na restauración da cuberta de lousa para solucionar as filtracións de auga ao interior.

Galego

Anxo M. Lorenzo convida a redescubrir a figura de Camilo José Cela no 75 aniversario da publicación de ‘La Colmena’

Padrón (A Coruña), 1 de abril de 2026

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, presentou hoxe La Colmena. 75 anos, organizada pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a través da Fundación Pública Galega Camilo José Cela, co fin de poñer en valor o legado “do noso galego máis universal”.

Galego

Axudas destinadas a centros museísticos de Galicia e se procede á súa convocatoria para o ano 2026

O obxecto desta orde é, por unha banda, o establecemento das bases reguladoras das axudas destinadas aos museos e outros centros museísticos que formen parte do Sistema galego de centros museísticos para a realización de actuacións e actividades museísticas que faciliten a conservación, a seguranza, a documentación, a investigación, a difusión e, por outra, a convocatoria das axudas para o ano 2026 (código de procedemento CT110C).

Galego

Anxo M. Lorenzo destaca o “excepcional legado” da industria baleeira no patrimonio marítimo galego

Ribadavia (Ourense), 31 de marzo de 2026

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, destacou hoxe o “excepcional legado da tradición e industria baleeira no patrimonio marítimo galego”. Fíxoo na presentación da publicación La huella ballenera en el norte de la península Ibérica, de Álex e Max Aguilar, no Museo do Mar de Galicia, xa que este centro museístico participa na edición do volume.

Galego

Quiroga acollerá o 4 de abril o certame Celtibérico de Bandas de Gaitas, que conta co apoio da Xunta

Lugo, 5 de marzo de 2026

A Xunta de Galicia apoia un ano máis o Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas, que o próximo sábado 4 de abril celebra en Quiroga o ‘Memorial Muiño’, a primeira fase desta décimo sétima edición, na que se renderá tamén homenaxe a Xan de Vilar.

Galego

López Campos reivindica o papel dos arquivos como “garantes da salvagarda do noso patrimonio cultural”

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2026

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, presentou hoxe a primeira Guía de acceso documental do sistema de arquivos, unha ferramenta creada ao abeiro dos obxectivos estratéxicos do Plan de Arquivos da Xunta de Galicia 2022-2026 e que pretende colaborar cos profesionais destes centros para axudalos a resolver cuestións de aplicación e interpretación xurídica.

Galego

A Xunta declara Ben de Interese Cultural o conxunto de covas e adegas de Seadur, localizado no concello ourensán de Larouco

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2026.- A Xunta declara Ben de Interese Cultural o conxunto de covas e adegas de Seadur, situadas no concello ourensán de Larouco, polo seu valor etnolóxico, relacionado coa cultura do viño, e por ser reflexo da cultura e da formas de vida tradicionais dun pobo ao longo da súa historia. Así se acordou hoxe no Consello do Goberno galego, onde se lle deu o visto e prace ao decreto, que se publicará nos vindeiros días no Diario Oficial de Galicia e co que se lle outorga o máximo nivel de protección.

Galego

Páxinas

Subscribirse a Cultura de Galicia RSS