Concerto de Marcin Dylla

O guitarrista clásico Marcin Dylla (Polonia, 1976) ofrecerá un recital a solo no auditorio do Conservatorio Profesional de Santiago (R/ Monte dos Postes S/N). Marcin Dylla está considerado un dos guitarristas máis destacables do panorama internacional pola súa impresionante técnica e a exquisita sensibilidade artística. Ofrecerá obras de Francisco Tárrega, Joaquín Turina, Joaquín Rodrigo ou Manuel María Ponce, entre outros.

Galego

A Xunta renovará a dirección do Centro Galego de Arte Contemporánea para abrir unha nova etapa na súa programación

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2026

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude anuncia a convocatoria dunha praza de libre designación para renovar a dirección do Centro Galego de Arte Contemporánea, convocatoria coa que se busca abrir unha nova etapa na súa programación. Con esta decisión, procúrase ampliar a internacionalización, unha maior apertura á creatividade dixital coa irrupción das novas tecnoloxías e darlle pulo a súa descentralización dentro e fóra de Galicia.

Galego

A Catedral de Tui celebra o seu 800 aniversario con dous ciclos de concertos apoiados pola Xunta

Tui (Pontevedra), 17 de marzo de 2026

A Catedral de Tui pon en marcha os actos conmemorativos do seu 800 aniversario con dous ciclos de concertos apoiados pola Xunta de Galicia. Así o avanzou hoxe o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, na presentación destas actividades que arrancarán o vindeiro domingo, 29 de marzo, co concerto Diálogos de San Francisco, a cargo do grupo Magna Ferreira.

Galego

A Xunta impulsa a creación da primeira cátedra de Xestión Cultural especializada en patrimonio

O Consello da Xunta deu luz verde hoxe ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Universidade de Santiago de Compostela para a posta en marcha da primeira cátedra institucional de Xestión Cultural, especializada en Patrimonio, que se impartirá na Facultade de Humanidades do Campus de Lugo, onde xa se existe un grao universitario nesta materia.

Galego

A Xunta e a Fundación Otero Pedrayo distinguen institutos do Porriño, Vigo e Negreira por difundir no ‘Ano Oteriano’ a figura deste intelectual

Amoeiro (Ourense), 16 de marzo de 2026

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou hoxe na entrega dos galardóns da quinta edición dos Premios  Otero Pedrayo para estudantes de Secundaria e Bacharelato e que distinguiu os institutos Ribeira do Louro, do municipio pontevedrés do Porriño, e o Castelao, de Vigo. Así mesmo, recoñeceu o valor dun traballo dun alumno centro Xulián Magariños, do concello coruñés de Negreira, e que será publicado na revista Trasalba.

Galego

López Campos comparte en Hollywood co equipo de ‘Sirat’ o feito histórico da competición do audiovisual galego nos Premios Óscar

Los Ángeles (Os Estados Unidos de América), 15 de marzo de 2026

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, comparte en Los Ángeles co equipo do filme Sirat o acontecemento  histórico que supón para o noso audiovisual que por vez primeira unha película galega concorra como finalista aos Premios Óscar da Academia de Holywood.  

Galego

A Xunta pon en valor a dimensión artística do xogo cunha xornada de actividades e creativas no museo Gaiás

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2026

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, visitou hoxe a primeira edición de Gaiás en xogo, unha recente incorporación á programación da Cidade da Cultura que se propón estimular a creatividade na infancia a través da dimensión artística do xogo. Ao longo de toda a xornada de hoxe, o Museo Centro Gaiás acolle así un amplo abano de actividades que inclúen desde obradoiros de experimentación artística a instalacións sensoriais e arquitecturas inchables.

Galego

López Campos visita os ensaios de ‘Hamlet’, espectáculo do Centro Dramático, que se estrea o 19 de marzo

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2026

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, visitou no Salón Teatro de Santiago de Compostela os ensaios de Hamlet, espectáculo do Centro Dramático Galego con dirección de Tito Asorey que se estreará o vindeiro 19 de marzo. A unidade teatral da Xunta asume así unha versión galega e actualizada do clásico de Shakespeare, asinada polo propio Asorey xunto a Vanesa Sotelo, nunha montaxe de gran formato que conta cun elenco de 16 actores e actrices.

Galego

A Xunta amosa no Centro Galego de Arte Contemporánea a primeira exposición individual de Alexandra Ranner nun museo español

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2026

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, presentou hoxe Rumor, a nova exposición do Centro Galego de Arte Contemporánea que quedará inaugurada esta tarde e que supón a primeira exposición individual da artista alemá Alexandra Ranner nun museo de España.

Galego

A Xunta pon en valor o legado da primeira muller que dirixiu un xornal de ámbito estatal

Ourense, 12 de marzo de 2026

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugurou hoxe no Arquivo Histórico Provincial de Ourense a mostra María Luz Morales, pioneira do xornalismo feminino, organizada no marco da conmemoración do Día da Muller, e coa que, destacou, “achegamos á cidadanía e poñemos en valor a figura dunha galega que foi a primeira muller española en dirixir un xornal de ámbito estatal.

Galego

Páxinas

Subscribirse a Cultura de Galicia RSS