A Xunta organiza obradoiros de arqueoloxía e visitas guiadas nocturnas na primavera activa do Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro

Campo Lameiro (Pontevedra), 10 de marzo de 2026

A Xunta de Galicia arrinca a temporada de primavera no Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro cunha proposta cultural para todos os públicos que combina obradoiros de arqueoloxía, experiencias creativas e visitas guiadas nocturnas. A programación, que se desenvolverá de abril a xuño, dá comezo en Semana Santa.

Galego

A Xunta distribúe 80.000 euros para 47 contratacións de bandas galegas en festivais de música da comunidade

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2026

A Xunta resolveu a convocatoria de subvencións de 2026 para o fomento da contratación de música galega nos festivais profesionais que se celebran na nosa Comunidade, pola que se distribúen 80.000 euros para que 47 bandas e artistas do país formen parte das carteleiras de oito eventos.

Galego

A Xunta apoia a proxección nacional e internacional das creacions galegas en feiras de arte contemporánea

Madrid, 6 de marzo de 2026.- A Xunta de Galicia está apoiando a proxección nacional e internacional de creacións galegas nas feiras internacionais que se están a celebrar en Madrid pola “enorme repercusión e difusión que supoñen do talento dos nosos artistas e o relevante papel que exercen para establecer pontes e sinerxías con profesionais de todo o mundo”. Así o salientou o director xeral de Cultura, Anxo M.

Galego

A Xunta fomenta a visibilidade do audiovisual galego cun novo convenio de 70.000€ para a organización dos XXIV Premios Mestre Mateo

O Consello da Xunta autorizou hoxe a sinatura do convenio anual entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e a Academia Galega do Audiovisual, en virtude do que o Goberno autonómico renova a súa contribución de 70.000 euros para a organización da 24ª edición dos Premios Mestre Mateo. A dotación desta colaboración mantense na mesma cifra que o pasado 2025, ano no que incrementara nun 16% respecto a 2024.

Galego

A Xunta programa actividades lúdicas ao redor do potencial artístico e creativo do xogo na Cidade da Cultura

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2026

A Xunta de Galicia programará unha xornada lúdica na Cidade da Cultura arredor do potencial artístico e creativo do xogo. Será o vindeiro sábado 14 de marzo cando, ao longo de toda a xornada, se desenvolverá no Museo Centro Gaiás un amplo abano de actividades que inclúen desde instalacións sensoriais e arquitecturas inchables ata obradoiros creativos de experimentación artística.

Galego

Rueda felicita a Isabel Dobarro polo seu premio Grammy e convídaa a participar en eventos do próximo ano Xacobeo

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2026

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo unha reunión esta semana coa pianista Isabel Dobarro para darlle os parabéns en persoa polo seu Grammy latino.

A pianista compostelá recibiu o galardón a Mellor Álbum de Música Clásica o pasado 13 de novembro polo seu traballo Kaleidoscope. É a primeira galega en gañar un Premio Grammy Latino na categoría de música clásica, e a cuarta en gañalo en calquera categoría.

Galego

CULTUREARTE

Charla - Coloquio con Jorge Mira, Catedrático de electromagnetismo (USC), investigador E divulgador científico , na que abordará a controversia sobre o cambio de hora e ofreceranos o seu punto de vista.

Galego

O espectáculo de circo do Centro Dramático Galego ‘A serie clopen’ acada 10 candidaturas aos Premios de Teatro María Casares

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2026

A serie clopen, primeiro espectáculo de circo producido polo Centro Dramático Galego, resultou finalista en 10 das 16 categorías na 30ª edición dos Premios de Teatro María Casares que organiza cada ano a Asociación de Actores e Actrices de Galicia co apoio da Xunta. O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, acompañou o equipo no encontro celebrado no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, no que os profesionais nomeados recibiron cadanseus diplomas acreditativos.

Galego

Ana Isabel Vázquez destaca “a importancia de tecer redes” para levar proxectos do Gaiás a outros espazos

Ferrol, 5 de marzo de 2025

A directora xerente da Fundación Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez, inaugurou hoxe na sede de Afundación en Ferrol a exposición Nicolás Muller en Galicia. Deste xeito, a mostra xestada no Gaiás continúa así o seu percorrido por Galicia tras o seu paso por Santiago, Vigo e Lugo no marco do programa de itinerancias que fomenta a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.

Galego

Páxinas

Subscribirse a Cultura de Galicia RSS