López Campos reunirase coas principais institucións culturais galegas o 25 de febreiro para avanzar xuntos no deseño das actividades do Ano Oteriano

Amoeiro (Ourense), 19 de febreiro de 2026

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, anunciou hoxe que se reunirá o vindeiro mércores, 25 de febreiro, coas principais institucións culturais galegas co fin de “contar con todas elas para avanzar xuntos no deseño de actividades do Ano Oteriano”. Así o adiantou durante a súa visita á Fundación Otero Pedrayo, na que estivo acompañado polo secretario xeral da Lingua, Valentín García, e o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo.

Galego

A Xunta pon en marcha a 13ª edición de ‘Galicia Escena PRO’ para reunir o sector escénico do 25 ao 28 de maio

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2026

A Xunta de Galicia convoca as compañías profesionais galegas do sector escénico a presentar os seus espectáculos para formar parte do programa da vindeira feira Galicia Escena PRO, que se desenvolverá en distintos escenarios de Santiago de Compostela entre os vindeiros 25 e 28 de maio. Con este chamamento ponse en marcha a 13ª edición do encontro profesional organizado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a asociación empresarial Escena Galega.

Galego

A Rede Galega de Teatros e Auditorios cumpre 30 anos como paradigma da exhibición profesional das artes escénicas en galicia

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude elevou hoxe ao Consello da Xunta o informe da actividades e liñas de actuación da Rede Galega de Teatros e Auditorios, que chega neste 2026 ao seu 30º aniversario como principal circuíto de distribución de espectáculos de carácter profesional do país. Ao longo das súas tres décadas de funcionamento, este programa avanzou na xestión especializada dos escenarios galegos, ademais de contribuír, a través das súas normativas de adhesión, á mellora das dotacións técnicas e das infraestruturas dos espazos culturais.

Galego

A Xunta inaugura a finais de febreiro no Gaiás unha exposición que percorre 125 anos de arte galega a través dunha creativa montaxe sensorial

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2026

A Xunta de Galicia abre a finais do mes de febreiro no Museo Centro Gaiás As estacións do ano na arte galega dos séculos XX e XXI, unha exposición concibida como experiencia sensorial e inmersiva ao redor das representacións estéticas da primavera, o verán, o outono e o inverno galegos.

Galego

A Xunta amplía o patrimonio cultural de Galicia con seis moedas históricas que serán custodiadas e exhibidas no Museo Arqueolóxico de Ourense

Ourense, 12 de febreiro de 2026.- As seis moedas históricas adquiridas da colección numimástica privada de Antonio Orol serán custodiadas e exhibidas no Museo Arqueolóxico de Ourense. Así o anunciou hoxe o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, na recepción das mesmas, onde salientou “o esforzo feito polo Goberno galego por recuperar e ampliar o patrimonio cultural de Galicia”.

Galego

A Xunta investirá preto de 195.00 euros nas obras de mellora da capela de San Mauro, na Arnoia

Ourense, 12 de febreiro de 2026

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, visitou esta mañá, acompañado do alcalde da Arnoia, Rodrigo Aparicio, a capela de San Mauro para informalo do anuncio de adxudicación das obras para a mellora das condicións de humidade, nas  que a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude vai investir preto de 195.000 euros, cun prazo máximo de execución de 4 meses.

Galego

A Xunta publica o catálogo ‘Films from Galicia 2026’ con 63 novos títulos audiovisuais para a súa promoción internacional

Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2026

A Xunta acaba de editar o catálogo Films from Galicia 2026, unha ferramenta de difusión exterior que reúne 63 novos títulos do audiovisual galego, con 23 estreas recentes e 40 proxectos en diferentes fases de desenvolvemento. A publicación da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude edítase en inglés, en formato tanto físico como dixital interactivo, para favorecer a súa máxima difusión.

Galego

A Xunta colabora coa Fundación Rosalía de Castro para conmemorar a data de nacemento da poeta con música, lecturas e degustacións do 'Caldo de gloria'

Padrón (A Coruña), 11 de febreiro de 2026

A Xunta de Galicia colabora coa Fundación Rosalía de Castro para as actividades conmemorativos do Día do nacemento da poeta, o 23 de febreiro, que abranguen actuacións musicais, lecturas públicas do seus poemas, degustacións do coñecido como Caldo de gloria e o acto institucional central no Panteón das Galegas e Galegos Ilustres.

Galego

A Xunta convoca os concellos das rutas xacobeas a participar na 14ª edición do programa estival 'Cultura no camiño'

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2025.- A Xunta de Galicia convoca os concellos galegos polos que discorren as distintas rutas xacobeas a participar na que será a 14ª edición de Cultura no Camiño, o circuíto de espectáculos que volverá este verán ao encontro co público a través dunha intensa, completa e descentralizada programación.

Galego

Páxinas

Subscribirse a Cultura de Galicia RSS