A Xunta celebra o Día da ilustración coa apertura dunha mostra sobre Siro López, autor homenaxeado este ano

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, acompañado polo director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugurou hoxe na Biblioteca de Galicia a exposición Siro. A vida nun lápis coa que a Xunta de Galicia, en colaboración coa Asociación Galega de Profesionais da Ilustración, celebra o Día da ilustración, unha efeméride que se celebra na data de nacemento de Castelao e que este ano está dedicada a Siro López (Ferrol, 1943), un dos grandes debuxantes da Comunidade, aínda en activo. 

Galego

A Xunta pon o foco no talento audiovisual galego nunha nova edición do catálogo de curtametraxes 'Shorts from Galicia'

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2026.- A Xunta acaba de lanzar unha nova edición do catálogo de curtametraxes Shorts from Galicia, que se publica tanto en formato físico como dixital co obxectivo de difundir internacionalmente o talento galego neste ámbito audiovisual.

Galego

O prestixioso informe da Fundación Contemporánea elixe o CGAC como insignia da cultura galega en 2025

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2025

O Centro Galego de Arte Contemporánea foi elixido como insignia da cultura galega en 2025 polo Observatorio da Cultura da Fundación Contemporánea, o prestixioso informe elaborado coas valoracións de máis de 400 expertos e profesionais de toda España que mantén a Galicia como a sexta comunidade pola calidade e innovación da súa oferta, e superando por primeira vez o 20% dos votos.

Galego

A Xunta contribúe á programación escénica da Coruña e da súa área con 48 actuacións ata xuño no marco da Rede Galega de Teatros e Auditorios

A Coruña, 29 de xaneiro de 2026

A Xunta de Galicia contribúe á oferta cultural da cidade da Coruña neste primeiro semestre de 2026 con 27 actuacións escénicas no Fórum Metropolitano e no Teatro Rosalía Castro, ás que se suman outras 21 funcións nos concellos próximos de Arteixo, Oleiros, Betanzos e Sada. Todas elas integran a programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios, circuíto de exhibición de espectáculos de artes escénicas e de música, cofinanciado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e as máis de 40 entidades locais asociadas.

Galego

O servizo de ‘A Furgoteca’ da Xunta dobra nun ano o número de persoas usuarias con 2.648 carnés en 2025

Ramirás (Ourense), 28 de xaneiro de 2026

O servizo das Bibliotecas Móbiles da Xunta de Galicia, A Furgoteca, rexistra na actualidade 2.648 persoas usuarias, o que supón máis do dobre de carnés que tiña en 2024. Así o salientou hoxe o director xeral de Cultural, Anxo M. Lorenzo, quen, co gallo do Día das Biblioteca Móbiles, asistiu a unha das súas actividades de dinamización lectora, que organiza este servizo no colexio Rogelio García Yáñez, situado no municipio ourensán de Ramirás.

Galego

A Xunta reforza as súas axudas para a produción galega de películas e series cun investimento de 3,5 M€

Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 2026.- A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a súa convocatoria anual de subvencións para a produción e coprodución de proxectos audiovisuais galegos, que neste 2026 aumenta a súa dotación ata os 3,5 M€, un 16,6% mais que no ano anterior.

Galego

A delegada territorial da Xunta asiste no concello de Ferrol ao concerto conmemorativo do falecemento de Gonzalo Torrente Ballester

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, asistiu esta tarde no concello de Ferrol ao concerto conmemorativo do falecemento de Gonzalo Torrente Ballester, que tivo lugar un 27 de xaneiro de hai 26 anos.

O acto incluíu a proxección dun vídeo sobre a figura do escritor ferrolán e un concerto a cargo de integrantes da Banda Ferrolá de Música.

Galego

A Xunta compromete 3,6 M€ para o financiamento do Consorcio para a Promoción da Música no 2026

A Coruña, 27 de xaneiro de 2026

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, xunto ao director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo,  e o director xeral de Simplificación Administrativa e do Patrimonio, José María Barreiro, asistiron á reunión da Xunta de Goberno do Consorcio para a Promoción da Música, na que se abordaron distintos asuntos de carácter informativo e resolutivo relacionados coa actividade e a xestión do organismo.

Galego

A Xunta finaliza o 'Ano Castelao' con máis de 80 accións en recoñecemento do intelectual

A Xunta de Galicia levou a cabo máis de 80 accións no marco da programación deseñada durante o 2025 para celebrar o Ano Castelao, declarado polo Goberno galego co gallo do 75 cabodano do intelectual, e coa finalidade de difundir as súas importantes achegas culturais, políticas e lingüísticas entre a sociedade, especialmente enfocada nas novas xeracións.

Galego

Páxinas

Subscribirse a Cultura de Galicia RSS