A Xunta e o Incipit presentan no Gaiás a instalación ‘Arqueoloxía da festa’ que explora a través do son a metamorfose dos lugares de celebración

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2025

A Xunta de Galicia e o Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit-CSIC) impulsan a instalación artística Arqueoloxía da festa, que se pode visitar de maneira gratuíta no Museo Gaiás ata o vindeiro 23 de novembro. A proposta rastrea os sedimentos acústicos dun campo da festa abandonado en Portomouro (Val do Dubra), revelando a diversidade de pegadas humanas e naturais na paisaxe e as súas transformacións.

Galego

A Xunta impulsa a creatividade galega e os vínculos coa lusofonía a través da ‘Mostra Galiza Coimbra’

Coímbra (Portugal), 22 de outubro de 2025

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, participou hoxe na apertura da ‘Mostra Galiza Coimbra 2025’, que durante os vindeiros 10 días reúne na devandita cidade portuguesa unha selección de espectáculos escénicos de produción galega e moitas outras actividades musicais, artísticas e formativas co obxectivo de continuar a reforzar o intercambio creativo e os vínculos culturais con Portugal.

Galego

A Xunta promove a produción escénica galega co apoio ás compañías desprazadas ao Mercartes de Valladolid

Valladolid, 22 de outubro de 2025

Unha delegación de 13 compañías e distribuidoras galegas de teatro e danza operan estes días desde a feira sectorial Mercartes, que se desenvolve en Valladolid cada dous anos baixo a organización da federación estatal FAETEDA e da Red Española de Teatros, Auditorios, Festivales y Circuitos de Titularidad Pública (La Red) para reunir axentes da cadea de valor do sector co obxectivo de xerar oportunidades de negocio, fomentar o intercambio profesional e consolidar vías de colaboración tanto a nivel nacional como internacional.

Galego

Anxo M. Lorenzo inaugura no Gaiás unha exposición fotográfica para visibilizar a realidade das persoas con dano cerebral adquirido

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2025

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugurou hoxe no Museo Centro Gaiás a exposición fotográfica Contemos Multitudes. Dano Cerebral Adquirido: onde as cousas volven a estar ben, que propón visibilizar a realidade das persoas que conviven con esta discapacidade. A iniciativa,  liderada por Dano Cerebral Galicia, conta co apoio da Xunta de Galicia a través das Consellerías de Cultura, Lingua e Xuventude e de Política Social e Igualdade.

Galego

A Xunta homenaxea a historia do cinema na comunidade cunha mostra na Biblioteca de Galicia

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2025

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugurou hoxe a mostra Contando películas: a evolución do espectáculo cinematográfico en Galicia con motivo do Día das Bibliotecas. A exposición, que poderá visitarse de balde ata o 31 de maio no vestíbulo da Biblioteca de Galicia, realiza un percorrido pola historia do cinema na nosa comunidade desde os seus inicios ata a actualidade.

Galego

Concerto solidario polo Dano cerebral

Con motivo do 25 aniversario da asociación Dano Cerebral Santiago de Compostela celébrase un concerto solidario no salón de actos do CIFP Politécnico de Santiago.
O acto estará conducido polo recoñecido periodista Ramón Castro e contará coas actuacións musicais da Bandiña e Coro da Escola Municipal de Música de Santiago, o Coro Harmonía Stellae e o Grupo Charamuscas de música tradicional.
A doazón por entrada é de 20€.
Fila 0 dispoñible.

Galego

López Campos pon en valor o arquivo do Reino de Galicia “na salvagarda e divulgación da nosa historia”

A Coruña, 22 de outubro de 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, puxo hoxe en valor o papel dos arquivos “na salvagarda da nosa historia” e como institucións “claves para a investigación e o coñecemento”. Fíxoo durante a inauguración da exposición que conmemora o 250 aniversario da creación do Arquivo do Reino de Galicia, que comezou a súa andadura o 22 de outubro de 1775.

Galego

Valentín García destaca o “valor para a lingua” do espistolario de Neira Vilas e Xesús Alonso Montero

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2025

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, destacou hoxe “o valor que ten para a nosa lingua que dúas figuras de relevancia para a nosa cultura a utilizaran no intercambio de cartas na súa época”. Así o afirmou na presentación do libro Correspondencia 1965-2014, publicado pola Editorial Galaxia, e que recolle as epístolas que intercambiaron nesa época Xosé Neira Vilas e Xesús Alonso Montero.

Galego

López Campos destaca a “relevancia histórica, social e cultural” da declaración de herdeiros de Castelao, consultable no Arquivo Histórico de Pontevedra

Pontevedra, 21 de outubro de 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, destacou hoxe a “relevancia histórica, social e cultural” do expediente da Declaración de herdeiros de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, que xa está a ser custodiado no Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra e que pode ser consultado por investigadores. No entanto, adiantou que tamén estará dispoñible na Biblioteca dixital de Galicia Galiciana para que sexa accesible a toda a cidadanía.

Galego

Belén do Campo asiste á primeira actuación do proxecto “Opera Kids” da asociación de Amigos da Ópera que conta co respaldo da Xunta

A Coruña, 21 de outubro de 2025

A delegada da Xunta de Galicia, Belén do Campo, asistiu á primeira das actuacións do proxecto educativo “Ópera Kids”, promovido pola Asociación de Amigos da Ópera co respaldo da Xunta de Galicia. Esta iniciativa achega aos nenos e nenas ao mundo da ópera, utilizando a transversalidade deste xénero artístico para fomentar aspectos artísticos, culturais e sociais entre os máis novos.

Galego

Páxinas

Subscribirse a Cultura de Galicia RSS