A Xunta elabora a primeira guía de acceso documental do sistema de arquivos de Galicia
A Xunta de Galicia facilitará o labor dos traballadores dos seus arquivos coa posta a súa disposición da primeira Guía de acceso documental do sistema de arquivos, unha ferramenta avaliada hoxe polo Consello que pretende colaborar cos profesionais para axudalos a facer fronte ás cuestións de aplicación e interpretación xurídica que xorden durante os procesos de xestión documental.
