Rueda participa na inauguración do museo do Real Club Deportivo que percorre os 120 anos de historia do equipo coruñés

A Coruña, 24 de febreiro de 2026

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou hoxe na inauguración do museo do Real Club Deportivo, cuxo obxectivo é facer un percorrido polos 120 anos de historia do equipo coruñés a través de 2.000 obxectos de distinta natureza como trofeos, equipacións, xornais ou material audiovisual.

Galego

Rueda destaca o valor da cultura como motor de Galicia e apela ao seu papel protagonista no Xacobeo 2027

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2026

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe o valor da cultura como motor de Galicia a nivel social e económico, e fixo fincapé en que o sector está chamado a ter un papel protagonista no Xacobeo 2027.

Galego

A Xunta contribúe con nove citas escénicas e musicais á oferta cultural de Pontevedra como membro da rede galega de teatros e auditorios

Pontevedra, 24 de febreiro de 2026

O Goberno galego contribúe á axenda cultural de Pontevedra ata finais de marzo cun total de nove funcións de artes escénicas e de música no Teatro Principal e no Auditorio Pazo da Cultura, espazos integradas na Rede Galega de Teatros e Auditorios, o circuíto de exhibición que a consellería de Cultura, Lingua e Xuventude cofinancia xunto ás entidades locais asociadas. Teatro do Noroeste, Morracoconto, Mariña Lestón, Mofa e Befa ou Pistacatro son algunhas das compañías que amosarán os seus espectáculos.

Galego

A Xunta e o Colexio de Arquitectos de Galicia colaborarán para resolver dúbidas da modificación da Lei de patrimonio cultural

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2026

A Xunta de Galicia e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia colaborarán para resolver dúbidas que lles xurdan aos concellos sobre a modificación da Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia. Así o acordaron na reunión mantida entre o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, e o decano do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, Luciano Alfaya, na que tamén estivo presente o director xeral de Patrimonio Cultural, Ángel Miramontes.

Galego

A Xunta promove a creación escénica galega con dúas novas residencias na Cidade da Cultura

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2026.- A Xunta de Galicia porá en marcha na Cidade da Cultura DescArtes, a nova liña de residencias artísticas da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude que busca integrar o público no proceso de creación das producións teatrais galegas. Así o presentaron hoxe o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, e a directora-xerente da Fundación Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez, nun acto no que tamén estivo o director do Centro Dramático Galego, Fran Núñez, así como as compañías e artistas que participarán nesta proposta.

Galego

López Campos salienta a importancia “dos símbolos culturais propios” na recepción á fallera maior

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2026

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, salientou hoxe a importancia dos vínculos culturais entre Galicia e Valencia “terras irmás, con identidades culturais e linguas propias moi arraigadas”. Fíxoo na recepción á fallera maior de Valencia, Carmen Prades, e a súa corte de honra na Cidade da Cultura, ás que agradeceu a súa visita e o seu labor como “representantes da súa terra e do seu legado histórico”.

Galego

Arias asiste á celebración do Día de Rosalía organizada polos conservatorios de música e danza e a Escola Oficial de Idiomas

Lugo, 23 de febreiro de 2026

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, asistiu hoxe ao acto de celebración do Día de Rosalía organizado conxuntamente polo Conservatorio de Música Xoán Montes, a Escola Oficial de Idiomas e o Conservatorio Profesional de Danza.

Galego

O festival Singular chega á súa 11ª edición co apoio da Xunta na promoción do monólogo teatral

Narón (A Coruña), 23 de febreiro de 2026

O Festival Internacional Singular do Monólogo Teatral celebrou hoxe a presentación ante os medios da súa 11ª edición, que terá lugar do 6 ao 29 de marzo no Pazo da Cultura de Narón cunha vintena de propostas escénicas e actividades centradas no xénero. O encontro, que supera así unha década de celebración, vén contando nos últimos anos co apoio da Xunta para a promoción dos formatos escénicos unipersoais.

Galego

A Xunta aproba a integración do Museo do Real Club Deportivo da Coruña no Sistema Galego de Museos

A Xunta de Galicia incorporará o Museo do Real Club Deportivo no seu Sistema Galego de Centros Museísticos, a rede impulsada polo Goberno galego e que aglutina museos, coleccións e centros de interpretación tanto de titularidade pública como de outras administracións ou entidades privadas para fomentar a coordinación, conservación e difusión do seu patrimonio.

Galego

López Campos lembra a Rosalía “como referente da nosa cultura que debemos ter sempre presente”

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2026

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, lembrou hoxe a Rosalía de Castro con motivo da data do seu nacemento, enxalzando a autora “como unha desas persoas que sempre debemos ter como referente da nosa cultura, da nosa identidade e da nosa historia, aproveitando efemérides como esta, mais tamén poñendo en valor o seu legado de maneira constante, xunto con outros dos nosos persoeiros ilustres”.

Galego

Páxinas

Subscribirse a Cultura de Galicia RSS