A vida nun lapis

Este ano 2026, o Día da Ilustración celebra a creatividade e o humor de Siro López, un dos caricaturistas máis recoñecidos da nosa Comunidade. Para festexar a súa obra, a cativada poderá participar neste obradoiro no que collerán lapis e cores, deixarán voar a imaxinación e descubrirán que debuxar tamén pode ser un xogo cheo de diversión.

Galego

A delegada da Xunta en Ferrol recibe á Sociedade Filarmónica Ferrolana para estudar vías de colaboración

Ferrol, 23 de xaneiro de 2026

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, mantivo esta mañá unha reunión de traballo coa presidenta da Sociedade Filarmónica Ferrolana, Araceli Torres, o secretario da entidade, Pascual Sesma e o tesoureiro, Fernando Coll, coa finalidade de estudar posibles vías de colaboración.

Galego

Manuel Pardo resalta o labor da Coral de Ruada a prol da música tradicional galega

Ourense, 23 de xaneiro de 2026

“A práctica tradicional do baile e da música ten unha fonda pegada no pasado e no presente de Galicia. A dimensión histórica desta manifestación inmaterial cultural está moi presente na literatura etnográfica”; así o manifestou o delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, na súa visita, esta mañá, á sede da Agrupación histórica musical galega Coral de Ruada na que foi testemuña en primeira persoa dos proxectos que está a desenvolver esta entidade a prol do baile e a música tradicional.

Galego

A Xunta desenvolverá contidos culturais accesibles para as persoas con discapacidade intelectual na Cidade da Cultura co apoio de Fademga

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2026.- A Xunta de Galicia desenvolverá contidos culturais accesibles para as persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento na Cidade da Cultura co apoio de Fademga Plena Inclusión Galicia. Así se desprende do acordo entre ambas as dúas entidades para promover boas prácticas no Gaiás en liña cos obxectivos da Lei de Cultura inclusiva e accesible de Galicia.

Galego

A Xunta coordina co Ministerio de Cultura actuacións para ofrecer o máximo impulso á candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial

Madrid, 22 de xaneiro de 2026

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, reuniuse hoxe en Madrid co ministro de Cultura, Ernest Urtasun, para coordinar conxuntamente actuacións para ofrecer o máximo impulso á candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial pola Unesco para os vindeiros meses, ante a avaliación que terá lugar en xullo no Comité deste organismo, que se celebrará en Corea do Sur.

Galego

López Campos destaca en Madrid “o inesquecible legado dunha das nosas artistas máis universais”

Madrid, 22 de xaneiro de 2026

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, destacou hoxe en Madrid “o inesquecible legado de Maruja Mallo, unha figura referente da vangarda en Galicia e unha das nosas artistas máis universais”. Fíxoo na súa visita á mostra Maruja Mallo. Máscara y compás que pode verse ata marzo no Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía e que supón a maior retrospectiva realizada ata a data arredor da figura da creadora galega.

Galego

Páxinas

Subscribirse a Cultura de Galicia RSS