A Xunta celebrará o Día do Circo na Cidade da Cultura cun espectáculo da compañía Pistacatro

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2026

A Xunta de Galicia celebra o Día do Circo na Cidade da Cultura, o vindeiro 19 de abril, co espectáculo Sen patrón, da compañía galega Pistacatro, recoñecida co Premio Nacional 2025 desta disciplina artística. A proposta terá lugar no Xardín do Teatro, ás 17,00 horas, con entrada libre e de balde.

Galego

O festival Clasclás afondará na excelencia artística e reforzará a súa relevancia no panorama europeo da música clásica, co apoio da Xunta

Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), 6 de abril de 2026

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, destacou hoxe a “excelencia artística e a relevancia no panorama europeo” da novena edición do Festival Clasclás que, baixo lema de Paixón, se vai celebrar, do 20 ao 27 de xuño, no municipio pontevedrés de Vilagarcía de Arousa. Así o puxo en valor na presentación da súa “ambiciosa programación”, da que salientou a súa “aposta pola vangarda e a ciencia”.

Galego

A Xunta reafirma o seu apoio aos Premios de Teatro María Casares nunha 30ª edición de homenaxe a Manuel Lourenzo

A Coruña, 6 de abril de 2026

O sector teatral galego volverá reunirse o vindeiro mércores 8 de abril no Teatro Rosalía de Castro da Coruña para celebrar a trixésima edición dos Premios de Teatro María Casares, que contan un ano máis co apoio económico da Xunta de Galicia. O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, participou hoxe na presentación da gala de entrega organizada pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia, na que se lle renderá homenaxe ao dramaturgo e actor Manuel Lourenzo e recibirá o premio de honra Luma Gómez.

Galego

Resolución das axudas a centros museísticos correspondentes á convocatoria de 2026

No DOG Núm. 104 do Venres, 5 de xuño de 2026 publícase A RESOLUCIÓN do 25 de maio de 2026, da Dirección Xeral de Cultura, pola que se ordena a publicación da Resolución do 21 de maio de 2026 de concesión das axudas convocadas mediante a Orde do 5 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas a centros museísticos da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento CT110C).

Galego

López Campos convida a redescubrir Vigo a través da ollada de Barreiro

Vigo, 5 de abril de 2026

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, fixo un chamamento para convidar a redescubrir a imaxe de Vigo a través da ollada de José María Barreiro. Fíxoo na súa visita á exposición Vigo, luz e cor do artista, na que o artista expón o seu traballo e que se pode visitar ata o 26 de abril na Casa das Artes.

Galego

A Xunta finalizará neste mes a restauración do retablo maior da igrexa de San Fins de Sales, en Vedra, tras investir 65.000€

Santiago de Compostela, 5 de abril de 2026

A Xunta de Galicia finalizará ao longo deste mes de abril as obras de restauración do retablo maior da igrexa de San Fins de Sales, no municipio coruñés de Vedra, que contaron cun investimento da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude de case 65.000 euros.

Galego

A Xunta ofrece unha xornada formativa profesional sobre mercados internacionais do sector audiovisual

Santiago de Compostela, 4 de abril  de 2026

O Museo das Peregrinacións e de Santiago acollerá o vindeiro martes 14 de abril unha xornada formativa sobre mercados internacionais do ámbito audiovisual, na que a Xunta de Galicia reunirá expertos e profesionais para abordar as claves e sinerxías deste tipo de encontros. Organizada a través da Asociación Galega de Produtoras Independentes, a iniciativa enmárcase no programa Galicia ProFilme da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, dirixido a contribuír á progresiva capacitación e profesionalización do sector.

Galego

"Retablo do Esperpento"

Nunha familia de meigas, unha moza resístese ás argucias da súa tía, que en conivencia coa nai, argalla para obter beneficio dos agasallos que un ricacho ofrece a cambio dos favores da virxe. A negativa da moza enfada ás dúas vellas. Para reafirmarse na súa liberdade, a moza déixase facer as beiras por un humilde afiador, pero unha noite de luarada, servíndose dos seus poderes de meiga, adiviña como sería o seu futuro e decide facer un lixeiro cambio de plans no seu destino a través dunha ligazón. Isto é, dun pacto de sangue.

Galego

A Xunta destina 500.000€ para colaborar cos concellos na mellora dos seus espazos culturais

Santiago de Compostela, 2 de abril de 2026

A Xunta de Galicia destinará 500.000€ para colaborar cos concellos na mellora dos seus espazos culturais. Así se recolle na convocatoria publicada no Diario Oficial de Galicia dirixida a aquelas administracións locais que, ata o 30 de abril, soliciten as axudas para modernizar e acondicionar espazos de xestión municipal como son bibliotecas, axencias de lectura ou auditorios, entre outros.

Galego

A Xunta despide este domingo a mostra de Asorey, tras recibir preto de 35.000 visitas no Gaiás

Santiago de Compostela, 2 de abril de 2026

A exposición Francisco Asorey, unha recuperación necesaria pecha as súas portas este domingo 5 de abril no Museo Centro Gaiás logo de ter recibido preto de 35.000 visitas. Inaugurada a finais do pasado mes de outubro pola Xunta de Galicia, a mostra é a máis completa das realizadas ata o momento sobre a traxectoria do artista cambadés, figura fundamental na renovación da arte escultórica galega e española no século XX.

Galego

Páxinas

Subscribirse a Cultura de Galicia RSS