Evento: De lugares e cousas. Colección de Arte Banco Sabadell

De lugares e cousas. Colección de Arte Banco Sabadell
venres, 21 outubro, 2022 a luns, 17 abril, 2023
Lugar de la Ciudad de la Cultura,
Santiago de Compostela

De lugares e cousas. Colección de Arte Banco Sabadell

Por definición, un lugar é espazo determinado capaz de acoller unha cousa calquera. O que nos permite caracterizar e distinguir un lugar de outro é precisamente a natureza do que contén (persoas, cousas, pen...

Por definición, un lugar é espazo determinado capaz de acoller unha cousa calquera. O que nos permite caracterizar e distinguir un lugar de outro é precisamente a natureza do que contén (persoas, cousas, pensamentos) e os procesos e o tempo nos que foi constituído. Memoria, identidade, pertenza ou límite son algúns dos conceptos fundamentais que ligamos aos lugares e os dotan de sentido para nós.De lugares e cousas é unha exposición que reflexiona, a través da arte contemporánea, sobre os símbolos, significados e sentidos cos que dotamos e construímos os lugares, e tamén sobre a relación da obra artística cos espazos que habita.A través de 41 obras pertencentes aos fondos da Colección de Arte Banco Sabadell, De lugares e cousas trae ao Gaiás pezas dalgúns dos artistas contemporáneos e actuais máis relevantes de Galicia, España e tamén Portugal.Referentes como Eduardo Chillida, Esther Ferrer, Antoni Tàpies, Isidoro Valcárcel Medina, José Pedro Croft ou Susana Solano, entre outros, están presentes canda pezas de Cristina Iglesias, Jaume Plensa, Dora García, Alicia Framis, Jordi Colomer ou David Bestué. Da parte galega, participan na mostra Manolo Paz, Ángela de la Cruz, Antón Patiño e Christian García Bello.

Máis eventos de tipo Exposición

Mandala (Arc en ciel)
18 de outubro a 7 de setembro
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5
Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo
27 de xaneiro a 31 de maio
Monte Gaiás, s/n
Ollos de vidro. As formas doutra historia de Galicia
28 de xaneiro a 25 de maio
Avenida do Burgo das Nacións