Evento: Odio el teatro

Odio el teatro
martes, 11 abril, 2023 - 20:00
Teatro Principal de Ourense,
Ourense

Odio el teatro

Espectáculo de teatro.

Unha muller toma a palabra e derrama o seu odio contra o teatro -e polo tanto contra a vida–, manifesta todo o que odia, toda a superficialidade do
mundo, e expresa o seu desexo de que xurda outro tipo de teatro. Unha muller nun espazo intermedio, dividido: ela é a voz que fala da paixón,
do sublime, do sórdido, do escandaloso. Nunha especie de soliloquio-confidencia, expón a súa verdade, sempre ao límite, entre a provocación e o
humor, sobre todo cando fala de si mesma.
Un texto para (re)despertar conciencias, para animar a reflexión, para cambiar a forma de ver o teatro, para sacudir ideas preconcibidas, compartir o soño de cambiar mentalidades e formas de ser consigo mesmo e cos demais por un mundo máis harmónioso, “menos teatral e polo tanto máis real”.
A creación combina realismo e simbolismo na súa escenografía. Simbolismo en términos de formas e elementos suxeridos e estilizados. Luces claras 
nunha perspectiva de iluminación cambiada que mostra a intranquilidade, a axitación interior, a paixón devoradora de amor-odio  desta muller que
está no seu momento de verdade.
Evidentemente, é un traballo de reflexión e investigación xunto co iluminador e o escenógrafo.

Máis eventos de tipo Espectáculo

A pluma viva de Rosalía
19 de decembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Brinca vai! De aquí a acolá
20 de decembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Barquiño de pau
23 de decembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Cinema Marabillas, Ver para ler
27 de decembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal