Evento: Kulto Kultibo
Kulto Kultibo
Kulto Kultibo grupo de Rap/Reggae desde 2010 da man de Penca (Mc), Samu (Mc), Cogomelo (Dj), Aimar (Técnico de Son). Ese mesmo ano, gravan a súa primeira e única maqueta «7 Días» , a cal lles dá un empuxón para realizar unha serie de concertos e motívalles para seguir loitando pola banda. Entre o ano 2011 e o 2013, céntranse en preparar o seu primeiro LP auto-producido «Ahora o Nunca» que vería a luz en decembro de 2013.
En xuño de 2016 lanzan o seu segundo LP «La Mazeta». Un disco con 16 cortes cun enfoque máis persoal tras as vivencias que tiveron nos dous últimos anos. Aparecen xa colaboracións nacionais, con Garolo no tema Me Siento Dolido, como internacionais da man de Papa Style en Écoutes lle Flow co que probaron a escena do Rap/Reggae Francés.