Evento: Semana contra a violencia machista 2022: Festexando a igualdade
Semana contra a violencia machista 2022: Festexando a igualdade
Finalizamos a programación da Semana contra a violencia machista con 'Festexando a igualdade', un xogo en familia que nos levará a descubrir as contribucións da loita feminista no desenvolvemento dunha sociedade máis xusta e igualitaria. Equipos formados por persoas adultas e mozas deberán superar xuntos un conxunto de probas cunha meta común: a igualdade.
Os participantes formarán equipos de 5 persoas, integrados tanto por adultos como por nenos e nenas, e dispoñerán de aproximadamente tres horas na tarde do sábado 26 de novembro de 17 a 20 h para realizar o percorrido marcado na planta -1 do Museo Centro Gaiás e completar cada un dos retos e xogos desta singular xincana que promove, dunha maneira diferente e divertida, valores como a sororidade e a corresponsabilidade.
Para participar en 'Festexando a igualdade' é necesario inscribirse, de maneira gratuíta, no apartado 'Reservas' na columna dereita. Cada reserva debe incluír como mínimo 1 persoa adulta 1 nena/ou (a partir de 3 anos de idade), e ata un máximo 5 persoas. As prazas son limitadas.



