Evento: Haganenet (A profesora de parvulario)

Haganenet (A profesora de parvulario)
xoves, 24 novembro, 2022 - 20:00
Forum Metropolitano,
A Coruña

Haganenet (A profesora de parvulario)

Proxección da película de Nadav Lapid.

Unha profesora descobre nun neno de cinco anos de idade un prodixioso don para a poesía. Abraiada e inspirada polo pequeno, decide protexer o seu talento, a pesar de todo o mundo.

Yoav, con só cinco anos, é un xenio da poesía. Nira, a súa mestra do xardín de infancia, queda abraiada polo talento do neno, pero tamén é consciente da contorna familiar, que non é a mellor para que Yoav desenvolva a súa creatividade: o pai é un home de negocios estulto e inimigo da profundidade, e a aia só se interesa pola poesía do neno se pode sacar algo a cambio. Nira acaba fixándose como obxectivo sacar ao neno desa contorna para non privar á humanidade da súa arte.

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

Notes of an Itinerant Performer
18 de febreiro
Filmoteca de Galicia
El incidente
18 de febreiro
Filmoteca de Galicia
Compartir o cinema: José Luis Guerin
19 de febreiro
Filmoteca de Galicia
Historias del buen valle
19 de febreiro
Filmoteca de Galicia