Evento: Notes of an Itinerant Performer

Notes of an Itinerant Performer
mércores, 18 febreiro, 2026 - 18:00
Filmoteca de Galicia,
A Coruña

Notes of an Itinerant Performer

Hiroshi Shimizu, 1941

Uta é unha bailarina nunha pequena compañía itinerante liderada por Monroku. Un día, farta dunha vida nómade e de que non a respecten, aproveita o abandono de Monroku e da compañía para comezar a traballar na casa dun antigo coñecido, co que coincidiu facendo de geisha substituta. Alí comeza ensinándolle á filla do seu coñecido, Nuiko, a bailar. Interpretada por unha gran actriz como Mizutani Yaeko, Notes of an Intinerant Performer recolle a tradición do teatro shinpa, ou “novo estilo”, no que se contaban historias melodramáticas, de mulleres sufrindo un destino tráxico polo prexuízo social e a desigualdade. En mans de Shimizu o elemento tráxico suavízase e a historia é contada cunha perspectiva máis sutil.

 

Foto ©1941 Shochiku Co., Ltd

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

Ciclo de cine de primavera no Museo de BBAA da Coruña
Museos de cine
8 de abril a 29 de abril
Museo de Belas Artes
Ciudad sin sueño
14 de abril
Filmoteca de Galicia
Las amargas lágrimas de Petra von Kant
14 de abril
Filmoteca de Galicia
Curtas Guillermo Galoe
15 de abril
Filmoteca de Galicia