Evento: El incidente

El incidente
mércores, 18 febreiro, 2026 - 20:30
Filmoteca de Galicia,
A Coruña

El incidente

M. Night Shyamalan, 2008

As abellas están a desaparecer, preocupación dun profesor de ciencias nun instituto de secundaria de Filadelfia, Elliot Moore. Está isto conectado cunha neurotoxina que liberan as plantas e que causa suicidios en masa naqueles individuos que a inhalan? Intentando escapar deste perigo invisible, Elliot, coa súa filla Jess e a súa parella Alma, emprende unha fuxida cara adiante sen saber moi ben a onde se dirixir. Xuntos, intentarán desentrañar un misterio que pode acabar coas súas propias vidas e, de se propagar, coa humanidade.

M. Night Shyamalan, que viña de asinar éxitos como El sexto sentido (1999), El protegido (2000), Señales (2002), El bosque (2004) e que xa apuntara cara a novas direccións con La joven del agua (2006); tomou riscos como nunca antes coa súa sexta longametraxe, filmando aquilo que non ten materialidade: unha toxina que se propaga polo aire. A súa posta en escena idea maneiras de facela ben presente, creando unha tensión abafante cos seus movementos de cámara. Dirixida con pulso e cunha conciencia medioambiental adiantada ao seu tempo, ten acadado un status de culto.

Máis eventos do ciclo Territorios mutantes

Naves misteriosas
3 de febreiro, 20:30
Filmoteca de Galicia - A Coruña - A Coruña
Naves misteriosas
4 de febreiro, 18:00
Filmoteca de Galicia - A Coruña - A Coruña
Samsara
Samsara
5 de febreiro, 20:30
Filmoteca de Galicia - A Coruña - A Coruña
Samsara
Samsara
10 de febreiro, 18:00
Filmoteca de Galicia - A Coruña - A Coruña