Evento: Banda sonora para un golpe de estado

Banda sonora para un golpe de estado
xoves, 30 abril, 2026 - 19:00
Filmoteca de Galicia,
A Coruña

Banda sonora para un golpe de estado

Johan Grimonprez, 2024

Partindo da influencia dos músicos afroamericanos de jazz como embaixadores culturais dos Estados Unidos nos anos cincuenta e sesenta en África e Asia, Grimonprez monta a ritmo de hard bop unha intricada trama sobre os movementos de descolonización. Centra a súa atención no Congo como territorio de enfrontamento na Guerra Fría, o que derivou no asasinato do seu primeiro presidente como país libre, Patrice Lumumba, e sentou as bases do imperialismo moderno poscolonial. Con diversas filmacións de arquivo editadas con rigor histórico e elaboradas digresións, a fita innova nos grafismos en pantalla, evocadores dos do selo Blue Note e cunha función estética e narrativa alén do simple traslado de información. Un documental tan complexo como ben estruturado, comprometido sen resultar aleccionador.

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

Gaudi (Cataluña)- Neutra(Austria) - Barragán (México)
14 de outubro
Biblioteca Nodal de Pontevedra