Evento: Obradoiro de programación e creación de Vintage games
Obradoiro de programación e creación de Vintage games
sábado, 22 outubro, 2022 a sábado, 12 novembro, 2022
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano,
A Coruña Obradoiro de programación e creación de Vintage games
Crea os teus propios videoxogos e botamos unha partida!.
Dentro do Programa BiblioTECH, da Biblioteca Durán Loriga, poderás aprender a programar xogos sinxelos e divertidos con este taller no que nos iniciaremos na programación; dende o concepto inicial ata obter un xogo final e aprendendo diferentes disciplinas: programación, deseño gráfico, animación, son e música.
Con este obradoiro complétase a programación anual biblioTECH, coa que remataremos participando no chamado International Games Week e que este ano 2022 xa pasou a ser o International Games Month (IGM) porque se celebrará durante todo o mes de novembro!
Ligazóns



