Evento: Una noche sin luna
Una noche sin luna
"Una noche sin luna" é unha peza conmovedora e sorprendente que nos fala de Lorca desde unha sensibilidade do século XXI, coma se o propio Federico estivese hoxe aquí entre nós.
"Una noche sin luna" é unha obra na que nos achegamos aos aspectos menos coñecidos da vida e a obra de Federico García Lorca. A viaxe que expón a función non é unha viaxe arqueolóxica senón unha forma de coñecer a través da súa obra a nosa propia realidade. Desta maneira a obra convértese nunha peza viva, atrevida e dinámica na que a palabra de Lorca, a súa vida e o seu mundo, serven de espello do noso.
A obra recolle entrevistas, charlas e conferencias de Federico García Lorca, así como fragmentos das súas obras e algúns dos seus poemas. A través destes e da dramaturxia de Juan Diego Botto, é o propio Lorca quen en primeira persoa achéganos ao seu mundo.
Con moita ironía, emotividade e sentido do humor, o autor vai relatando o seu paso pola residencia de estudantes, as críticas recibidas por Yerma, a súa experiencia na Barraca, a súa relación coa prensa, os seus amores, a tensión dos seus últimos anos, e con todo iso ímonos achegando a temas como o papel da muller baixo a súa mirada sempre poética e reivindicativa, a necesidade da liberdade artística e de expresión, a loita pola liberdade de identidade sexual, ou a importancia da memoria e as raíces.