Evento: AI: More than Human

AI: More than Human
luns, 5 setembro, 2022 a domingo, 5 febreiro, 2023
Sede Afundación A Coruña,
A Coruña

AI: More than Human

Exposición que fai un percorrido a través da historia da Intelixencia artificial.

A mostra realiza un percorrido completo a través da historia da Intelixencia artificial, desde as súas orixes ancestrais ancoradas na relixión sintoísta xaponesa ou no mito xudeu do Golem, pasando polos primeiros experimentos informáticos de Ada Lovelace e Charles Babbage ou os importantes avances realizados durante a década de 1940 e ata a actualidade. Para iso, AI: More than Human reúne algúns dos proxectos de investigación actuais máis destacados, realizados por institucións como o Massachussets Institute of Technology (MIT), Sony Computer Science Laboratories, Google Research, o Departamento de Informática do Imperial College de Londres ou DeepMind Technologies, con instalacións artísticas que exploran as posibilidades creativas da IA nas súas obras, como o músico Kode9, ou o galardoado artista tecnolóxico Yoichi Ochiai entre outros.

AI: More than Human, desenvolta en colaboración con ILUX Visual Technologies Visual Technologies e a Universidade Intercontinental da Empresa, estará organizada en catro secciones, The Dream of AI, a historia das distintas civilizacións e a súa relación coa creación de vida artificial; Mind Machines, un percorrido histórico desde as primeiras máquinas calculadoras ata a actualidade; Data Worlds, na que se exporá a vertente ética da aplicación da IA; e Endless Evolution, unha sección que explora o campo da vida artificial (A-life) e como aplicala á evolución humana.

Máis eventos de tipo Exposición

Mulleres artistas: aprendendo o oficio
11 de marzo a 31 de decembro
Lugar de la Ciudad de la Cultura
Somos un Ribeiro diverso
1 de abril a 31 de decembro
Museo Etnolóxico de Ribadavia
Boutique Amparo
27 de maio a 31 de maio
Praza do Toural 8