Evento: SON Estrella Galicia: Porridge Radio

SON Estrella Galicia: Porridge Radio
xoves, 24 novembro, 2022 - 21:00
Sala Radar Estudios,
Vigo

SON Estrella Galicia: Porridge Radio

Festival de música independente.

Porridge Radio deron o salto con «Every Bad» (2020) e agora xa puxeron a directa para comerse o mundo. Báixase o pano: chegou o anuncio de «Waterslide, Diving Board, Ladder To The Sky», novo traballo que o conxunto publicará o 20 de maio baixo Secretly Canadian. Sentimentos de «gozo, medo e do interminable» cohesionan nun disco que está coproducido por Tom Carmichael.

«Quería que todo fose tan épico e tan de estadio como Coldplay«, comenta a cantante Dana Margolin ao falar do disco nunha nota de prensa. A imaxe de Chris Martin non se nos vén moito á cabeza ao escoitar o seu primeiro adianto Back To The Radio pero si que o fai tanto Black Country, New Road, con ese arranque un tanto desgarbado, como Wolf Alice, por ese enfoque melódico tan envolvente. 

  • Porridge Radio - Back To The Radio

Máis eventos de tipo Concerto